Apuntes Geografía Selectividad Gallego

Páginas: 90 (22427 palabras) Publicado: 3 de julio de 2012
BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA


TEMA 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica.

ESQUEMA DA UNIDADE

1.1. Formación e evolución xeolóxica.
1.2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial.
1.3. Unidades morfoestruturais.
1.4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo.
1.5. Relevo insular.


TEMA (pregunta teórica)• Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas
Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais.
- Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das
Illas (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario).
- Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de
pregamento, cuncas sedimentarias.


PRÁCTICOS- Comentario guiado dun fragmento de mapa topográfico: identificación das
coordenadas xeográficas, máximas e mínimas altitudes, zonas de maiores e
menores pendentes, principais cursos fluviais e orientación dos mesmos.
- Comentario de perfís topográficos: N-S, E-O, Pireneos-Val do Ebro.
- Mapa litolóxico de España.
- Mapa de unidades xeotectónicas deEspaña.
- Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico, cárstico, glaciar ou volcánico.
- Imaxes identificativas: pedras cabaleiras, badlands, páramos, canóns.
- Esquemas do relevo costeiro: costa mediterránea.


VOCABULARIO


Aluvión /Foz/Litosfera/Meseta/ Penechaira / Somontano / Tectónica de placas (7)1. FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS CANARIAS E BALEARES. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUTURAIS XERADAS

a) Formación e evolución xeomorfolóxica.
O relevo español, igual que o resto dos relevos continentais, e o resultado dunha historia xeolóxica moi prolongada e complexa na que intercaláronse fases de formaciónde montañas (oroxenias) con outras de calma, nas que predominaron accións de erosión e sedimentación.
Observa a seguinte táboa e infórmate sobre a evolución xeolóxica:
A historia xeolóxica da Terra ten aproximadamente uns 4.500 millóns de anos. Catro son as eras que conforman esta evolución subdivididas en períodos. Non todas as eras, nin os períodos son importantes para explicar aconfiguración do relevo actual do territorio español, neste apartado explicaremos aqueles aspectos máis significativos. Durante a era Precámbrica tan só existía unha única terra emerxida sobre un océano extenso. Esta terra denominábase Panxea. Durante a era Paleozoica ou Primaria, fragmentouse e volveuse a unir durante o período Carbonífero para fragmentarse definitivamente en dúasplacas, entre finais da era primaria (período Pérmico) e inicios da era secundaria (período Triásico).
Dous feitos importantes afectaron á configuración do relevo da península durante esta etapa. O primeiro dáse durante o período Carbonífero, ao producirse a oroxenia herciniana. Esta orixinou as montañas peninsulares máis antigas, que emerxeron en dirección NoroesteSudestecorrespondendo á fachada occidental e centro da Península (Macizo Galaico, oeste asturiano, parte occidental da
Meseta Central ata Serra Morena), formando o chamado macizo Hespérico. O segundo tivo que ver con esa fragmentación da Panxea en dúas placas, unha situada ao sur, que conformou o continente de Gondwana e outra situada ao norte, denominada Laurasia da que forma parte a subplacaibérica. Estas placas estiveron separadas por un mar máis ancho e máis profundo que o actual mar Mediterráneo, o mar de Tetis (ver gráfico anterior). A era mesozoica ou secundaria foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Erosionáronse as cordilleiras orixinadas durante a oroxenia herciniana. O vello macizo Hespérico estaba inclinado cara o vello mar de
Tetis...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Apuntes selectividad
  • Geografia selectividad
  • Geografia apuntes
  • Geografía Apuntes
  • Vocabulario geografía (gallego)
  • apuntes historia selectividad
  • Definiciones Geografía Selectividad Galicia
  • Geografia tema 1 selectividad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS