Apuntes Platon

Páginas: 18 (4474 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2012
1.- CONTEXTUALIZACIÓNS.


- FORMACIÓN DA POLIS GREGA.
- ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS: HERÁCLITO, PARMÉNIDES E ANAXÁGORAS.
- OS SOFISTAS E SÓCRATES.
-
Este texto pertence a Platón, filósofo grego que nace no século V a.C. En Grecia, concretamente en Xonia, xorde a filosofía (a finais do primeiro milenio antes de cristo) grazas á mestura de culturas provocadas polas migraciónsá vez que o desenvolvemento da democracia. O nacemento da filosofía débese ás substitucións das explicacións mitolóxicas da realidade por explicacións racionais, dando lugar ao paso do mito á razón. Todo isto é posible grazas á escritura alfabética que permite reflexionar con tranquilidade antes de escribir e á formación das polis, lugares de confontración política.

Nesta etapa da filosofíaantiga podemos distinguir tres períodos. O primeiro deles sería o presocrático ou da natureza onde a preocupación fundamental é a búsqueda do arché da physis (SÓ PARA A CONTEXTUALIZACIÓN DE ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS: HERÁCLITO, PARMÉNIDES E ANAXÓGORAS. Dentro desta filosofía existen diferentes escolas que intentarán responder á anterior pregunta. A primeira escola é a de Mileto, onde destaca Talesdefendendo que o arché é a auga e Anaximandro que afirma que o arché ten que ser algo inmaterial. A segunda escola é a de Pitagórica, na que defenden aos números como o principio constitutivo da natureza. A terceira é a de Éfeso, onde destaca Heráclito que ao igual que Parménides e Anáxagoras vai ter certa influencia sobre Platón. O seu arché é o lume porque para el é o símbolo da loita que existena natureza entre elementos contrarios. Non obstante, afirma que os sentidos non captan esa loita senón que o que captan é a harmonía. Para Heráclito todo está en continuo movemento e en constante transformación, afirmación que criticará Platon posteriormente. A cuarta escola é a de Parménides, que fala de que existen dúas vías de coñecemento. Unha delas é a vía dos sentidos ou da opinión que nosenganan, xa que son simple aparencias, non é real. A segunda váa é a da verdade, que considera que a razón é o único camiño para chegar ao coñecemento verdadeiro. Polo tanto, o seu arché é o ser, un ser indestructible, inmóvil, inenxendrado, único e eterno. Pola súa defensa da razón vai ser o iniciador do racionalismo, corrente que estará representada, entre outros, por Platón. A última escola é apluralista, na que destaca Anaxágoras. Para el o arché son as sementes, que o seu número é infinito e van ter as caracerísticas do ser de Parménides. A súa mestura forma os elementos e a súa separación os destrúe. Estas sementes non teñen movemento propio, xa que existe unha mente ordenadora que a vai denominar NOUS, que fai que se unan para formar obxectos ou se separen para destruílos. Esteconcepto de mente ordenadora terá moita influencia en Platón e a vai denominar DEMIURGO.

O segundo período é o clásico no que atopamos os sofistas e Sócrates, Platón e Aristóteles (SÓ PARA A CONTEXTUALIZACIÓN DOS SOFISTAS E SÓCRATES: Os sofistas eran filósofos que non defendían ningunha idea propia acerca dos temas sobre os que lle preguntaban, senón que daban argumentos a favor do que queríaescoitar o interlocutor e ensinaban a discutir. Prestábanlle atención ás institucións e ás normas e dicían que era o resultado dunha convención. Polo tanto, defendían o relativismo moral e o escepticismo, xa que a moral, é polo tanto a verdade, non é universal, senón que é relativa a cada persoa e sociedade. Tamén son escépticos e afirman que non podemos estar seguros de nada.

Todos estes argumentosforon criticados por Platón, xa que Sócrates, o seu gran mestre, foi un gran inimigo dos sofistas. Sócrates defendía que a felicidade dependía da virtude e do coñecemento e opúxose aos Sofistas afirmando que existen normas e morais universais. Para atopar a verdade universal, Sócrates utiliza o método da dialéctica que consta de dous pasos: a ironía e a maiéutica. Á doutrina de Sócrates...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • apuntes de Platón (2ºbachillerato)
  • Apuntes platón
  • Apuntes Platon
  • apuntes platon
  • Apunte de Platón
  • Apuntes de Platón
  • Apuntes De Platon
  • 2 Platón Apuntes Y Textos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS