APUNTES SEGUNDO PARCIAL Completos
RESUMO
O ESPAZO XEOGRÁFICO ESPAÑOL E AS CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO SEU
RELEVO SON:
Ter unha extensión duns 506.000 Km2 comprendida por un espazo peninsular (que ocupa o 97,5%
do territorio), as illas Baleares, as illas Canarias, Ceuta e Melilla e algúns illotes.
* Posuír unha gran diversidade física e humana debida a súa situación xeográfica.
*Trescaracterísticas básicas ten o relevo peninsular: forma maciza, altitude media elevada e
disposición periférica dos rebordos montañosos.
EVOLUCIÓN XEOLÓXICA DO RELEVO
*Era precámbrica: formación da banda noroeste-sueste.
*Era primaria: formación dos macizos Hespérico, de Aquitania, Catalano-Balear, do Ebro e Bético
Rifeño. Prodúcese a oroxénese Herciniana.
*Era secundaria: procesos de erosión esedimentación. Transgresión e regresión mariña.
Formación das illas Canarias como consecuencia da fractura da placa africana coa sudamericana.
*Era terciaria: oroxénese alpina: creación das montañas xoves (tectónica de pregamento) e as
montañas vellas (tectónica de fractura).
*Período cuaternario: glaciarismo e formación de terrazas.
TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUTURAIS
*Zócolos.
*Macizos antigos.*Cordilleiras de pregamento (intermedias e alpinas).
*Concas sedimentarias ou depresións.
A LITOLOXÍA E O TIPO DE RELEVO
*Área silícea: formada por granito, lousas, cuarcitas e gneis. Localizada principalmente no oeste
peninsular, Sistema Central, Montes de León, Serra Morena, Pireneo Axial, algúns sectores do
Sistema Ibérico e cordilleira Costeiro-Catalana e cordilleira Penibética.
*Área calcaria:formada por rocha calcaria. Localízase nas cordilleiras da península formando unha
“z” invertida: Cordilleira Costeiro-Catalana, Pireneos, Montes Vascos, Sistema Ibérico, cordilleira
Subbética, cordilleiras das illas Baleares. Modelado cárstico: lapiás, foces, poljes, dolinas, covas e
simas.
*Área arxilosa: formada por rochas sedimentarias: arxilas, margas, conglomerados e xesos.
Localízase nasdepresións da Meseta Central, na depresión do Ebro e Guadalquivir e nas franxas
litorais. Nas áreas de clima seco ou árido fórmanse cárcavas e badlands.
*Área volcánica: situada principalmente nas Canarias pero tamén existen certas comarcas
peninsulares coa presencia deste rochedo (Campo de Calatrava, Olot).
*Erosión diferencial: a reacción ante os axentes erosivos do diferente tipo de rochedo localizadodentro dunha mesma área, xenera este tipo de erosión. Osestratos poden estar disposto
horizontalmente: paisaxe tabular, inclinados: relevo en costa ou pregados: relevo apalachense ou
xurásico.
AS UNIDADES DO RELEVO SON:
Dentro da península:
*Meseta Central: altiplano dunha altitude comprendida entre os 600 e 800 m inclinándose
lixeiramente cara o oeste. Está dividida por dúas submesetas: Norte eSur. Predomina a penechaira
na súa parte occidental e as concas sedimentarias interiores no sector central e oriental.
*As cordilleiras interiores: Sistema Central e Montes de Toledo.
a)Sistema Central: sirve de divisoria das dúas submesetas. É un bloque de materiais hercinianos
levantados polo pregamento alpino que fixeron resquebraxar a estes. A elevación montañosa cubre
unha distancia duns 600kms. de orientación NL-SO. As serras máis destacadas son: Serra de
Ayllón, Somosierra, Guadarrama, Gredos (Pico Almanzor 2.592) e Serra de Gata.
b)Montes de Toledo: divide a submeseta Sur pola metade. Ten similitude
estrutural coa anterior pero ten un tamaño menor. Destaca a Serra de Guadalupe (Villuercas 1601
m.)
*As cordilleiras periféricas: cordilleiras que bordean á Meseta Centralexternamente.
a)Montes de León: situada no noroeste peninsular. Vello macizo levantado e fracturado durante a
oroxénese alpina. Destacan os macizos da Segundeira e Cabrera. O pico máis elevado é o Teleno
(2.188 m.).
b)Cordilleira Cantábrica: separa o mar Cantábrico da meseta interior da península. Ten dous
sectores o occidental e o oriental. O sector occidental está composto por materiais da era primaria...
Regístrate para leer el documento completo.