ARISTÓTELES

Páginas: 17 (4067 palabras) Publicado: 21 de septiembre de 2015
ARISTÓTELES.

I. CUESTIÓN CONTEXUAL.

CRÍTICA DA DOUTRINA PLATÓNICA: Aristóteles adica moito espacio a esta crítica para xustificar a súa ruptura coa Academia e coa orientación do seu pensamento. A teoría das Ideas continúa o intento de Sócrates de determinar e definir a esencia das cousas. Ao definilas obtense o concepto xeral da mesma. Así, as obxeccións de Aristóteles á teoría platónica sonbásicamente de dous tipos:
En primeiro lugar, Aristóteles rexeita que as Ideas estean separadas das cousas, pois da consideracións das Ideas como transcendentes derívanse unha serie de problemas, onde non se consegue explicar a relación das Ideas coas cousas sensibles, polo que non serven para explicar o mundo sensible. Platón di que as cousas participan da Ideas, pero para Aristóteles isto non émais cunha licenza poética que conduce a conclusións que contradice á propia teoría. Tamén critica a introdución por parte de Platón dunha sorte de realidades intermedias entre as cousas sensibles e as propias Ideas.
Outro tipo de obxeccións fan referencia ao tipo de Ideas que hai, onde segundo a teoría platónica para cada cousa ten que haber unha Idea correspondente. Se isto é así terá que haberIdeas de relacións, pero con isto pérdese o carácter fundamental das Ideas, a súa simplicidade e unidade. Do anterior dedúcese que se hai Ideas do positivo, terá que haber Ideas do negativo. (Idea de Beleza e tamén de Fealdade). En definitiva, coa doutrina das Ideas o único que consegue Platón é unha duplicación dos problemas a resolver, pois aos problemas que atopamos no intento de explicar omundo sensible hai que engadir os que atopamos ao intentar explicar o intelixible.
Fronte á concepción platónica, Aristóteles sostén que a esencia das cousas está no mundo físico e sensible, e o ser por excelencia, a auténtica realifade, é concibida como substancia, que se vai converter na noción clave da súa filosofía.
(Así, se non existen realidades separadas, non hai máis mundo que o dascousas e desaparece o mundo platónico das Ideas, onde Aristóteles emprega o termo susbstancia para designar o ser real, sendo estes individuos concretos. Así, o mundo recupera a súa realidade, onde é ao individuo ao que debemos chamar ser. Esta substancia distínguea entre substancia primeira -o individuo concreto- e substancia segunda –a especia e o xénero-. Os últimos son algo real aínda que nonposúen existencia independente dos individuos, a cal dalle sempre preferencia. Aristóteles chama accidentes aos modos de ser -cantidade, casualidade...-. Así, substancia e accidentes son as categorías ou os xéneros do ser.) ← Tª da substancia.
(Se non existe outro mundo desaparece a teoría da reminiscencia; A esencia encóntrase nas cousas mesmas e a ellas hai que acudir para coñecela, onde observandoaos seres é como descubriremos a esencia ou forma destes, unha observación sensorial. O coñecemento comeza pola sensación e continúa polo entendemento, que é a facultade que pensa o universal. Aristóteles desenrola unha notable teoría da sensación e sentidos, onde os últimos son facultades do coñecemento e os primeiros son facultades do individual. ) ← Tª do coñecemento.

O TRÁNSITO CARA O MUNDOHELENÍSTICO: O helenismo é a expansión da cultura grega polo Medirerráneo, Asia Menor, Exipto e Mesopotamia. Discorre entre a morte de Alexandre Magno e o dominio romano do Mediterráneo. Tal expansión recibiu o impulso inicial por Alexandre Magno, rei de Macedonia, que someteu a toda Grecia e conquistou Exipto e todo o Imperio persa. Coas súas conquistas, iniciouse a helenización dos novosterritorios e favoreceuse a mestizaxe entre gregos e estranxeiros. Nesta expansión non participaba Aristóteles, xa que era partidario do patrimonio cultural grego. Á morte de Alexandre en Babilonia, os seus xenerais repartiron o imperio, quedando Expito baixo o dominio de Ptolomeo, cuxa última descendente foi Cleopatra. Coa cultura, popularizouse e xeneralizouse a lignua grega, nunha versión dialectal...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristotele
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristóteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS