Aristoteles

Páginas: 7 (1714 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2011
Aristóteles era un bo coñecedor da filosofía feita con anterioridade, ata o punto de que a el débeselle a primeira recompilación do pensamento doutros autores. É de supoñer, polo tanto, que este contacto cos pensadores anteriores deixara algún tipo de pegada na súa obra. Así, é clara a influencia de Empédocles, de quen toma a teoría das catro raíces ou elementos: auga, aire, terra e lume, apartir das cales Aristóteles explica a constitución do mundo sublunar. Pero a influencia decisiva, aquela que está na base do pensamento aristotélico e fronte a cal desenvólvese a súa obra, é a de Platón, de cuxa filosofía toma aspectos esenciais e critica outros igualmente esenciais.
Se nos centramos nas discrepancias coa concepción platónica quizais as máis importantes sexan as que a continuacióncomentamos:
1. Abandono do método dialéctico: Aristóteles rexeita a dialéctica de Platón por considerar que o proceder dialéctico non é un proceder do necesario, tan só do posible, e a sustitúe pola demostración, cuxo esquema é o siloxismo.
2. A distinta concepción e valoración da physis: a partir dos sofistas a natureza quedara relegada como centro de atención da filosofía. Con Platón vaisetodavía máis lonxe, e a natureza (a physis, o mundo sensible) non só é relegada como obxecto de pensamento, senón que a fai ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do mundo das Ideas nas que radica o ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza volve a ter un papel central no pensamento e ademais prodúcese unha nova definición do que se entende por natureza (“aquilo que ten en si mesmoun principio de movemento ou estancia”, é dicir, é natural aquilo que ten en si un principio de movemento, e non o é o feito por obra da arte humana, nin Deus, que é inmóbil).
3. O rexeitamento da teoría das ideas: As obxeccións de Aristóteles á teoría platónica das Ideas son basicamente de dous tipos:
a. En primeiro lugar, Aristóteles rexeita que as Ideas estean separadas das cousas (é dicir,que sexan trascendentes a estas); pois da consideración das Ideas como trascendentes derívanse unha serie de problemas: 1) non se consigue explicar a relación das Ideas coas cousas sensibles, polo que non serven para explicar nada do mundo sensible. Platón di e este respecto que as cousas “participan” das Ideas, pero para Aristóteles isto non é máis cunha licenza poética que, como xa comentamos notema anterior, conduce a conclusións que contradín a propia teoría. 2) Por medio do coñecido como “argumento do terceiro home”, estudado no tema anterior, Aristóteles critica tamén a introdución por parte de Platón dunha sorte de realidades intermedias entre as cousas sensibles e as propias Ideas, múltiples como aquelas e trascendentes, intelixibles, eternas, inalterables e absolutas como assegundas. Tales serían os entes matemáticos, obxecto da ciencia matemática.
b. Outro tipo de obxeccións fan referencia ao tipo de Ideas que hai (problema asumido polo propio Platón). 1) Segundo a teoría platónica para cada cousa ten que haber unha Idea correspondente. Se isto é así terá que haber Ideas de relacións: “ser pai de”, “ser fillo de”, “maior que”, “menor que”, etc. Pero, con isto pérdeseo carácter fundamental das Ideas, a súa simplicidade e unidade. 2) Do anterior dedúcese, tamén, que se hai Ideas do positivo, terá que haber Ideas do negativo. Se hai Idea de Beleza terá que habela de Fealdade, de Suciedade, de Cabelo, e outra sería de cousas “absurdas”, di Aristóteles. 3) En definitiva, coa doutrina das Ideas o único que consegue Platón é unha duplicación dos problemas aresolver; pois aos problemas que atopamos no intento de explicar o mundo sensible hai que engadir os que atopamos ao intentar explicar o intelixible.

Resumindo poderiamos dicir que, fronte á concepción platónica, Aristóteles sostén que o ser das cousas, a súa esencia, non está nas Ideas, nun mundo trascendente, senón neste mundo, no mundo físico, sensible; e o ser por excelencia, a auténtica...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristotele
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristóteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS