Arquitectura clásica grega
A arquitectura grega: o templo e as ordes clásicas.
(C) HENRIQUE HERVÉS SAYAR
1
A arquitectura grega clásica
Arquitectura grega: o templo e as ordes clásicas.
O templo. Aspectos xerais. Ainda que se teñen buscado antecedentes do templo grego clásico na arquitectura cretense e micénica (o megaron), os primeiros sinais indiscutibles da aparición deste modelo pódense atopar en pequenos santuarios de adobe e madeira do século VIII. Trátase de construccións adinteladas de planta rectangular, cun pórtico columnado e un tellado a dúas augas, entre as que se debuxa un espazo rectancular que logo sería ocupado polo frontón. O módelo clásico de templo fica definitivamente configurado durante o s. VII a. C. O esquema rectangular anterior alóngase, monumentalízase e rodéase de columnas. Neste cambio semella evidente a influencia exipcia en diferentes aspectos: a monumentalidade, as columnas, as técnicas de traballo da pedra. Esta tipoloxía presenta as seguintes características: • Sobre un solar consagrado (témenos) levántase unha plataformaterraza que serve de base á edificación separándoa do chan e aproximándoa ó ceo. Deste xeito, o templo é pensado como un espazo intermedio entre a terra (o mundo dos humanos) e o ceo (o mundo divino). • Unha planta rectangular lonxitudinal caracterizada pola simetría na que se poden sinalar as seguintes partes: - A naos ou cella é a cámara máis importante, onde se ubicaba a estatua do deus humanizado. - A pronaos é o espazo que antecede á naos. Os seus muros laterais remataban nunhas pilastras, as antas, entre as que podían ubicarse unhas columnas (columnas in antis). O opisthodomos é unha camara traseira destinada a gardar os obxectos de culto e as ofrendas. Un pórtico columnado (perístilo). Segundo a disposición das columnas pódese falar de: templo próstilo, con columnas unicamente na parte frontal; anfipróstilo, con dous pórticos opostos nos lados máis curtos; períptero, cando o pórtico columnado rodea completamente a naos; e díptero, cando este último conta cunha doble columnata (trátase dunha modalidade moi rara propia de épocas tardías. Segundo o número de columnas do pórtico frontal do templo identífícanse templos tetrástilos (4), hexástilos (6), octástilos (8). A partir do s. IV, podemos identificar unha nova modalidade templaria, o tholos, templo períptero de planta circular. O estilobato, un basamento formado por 3 chanzos.
•
O aspecto exterior do templo esta rexido pola orde, un conxunto de normas precisas que determinan a forma, a decoración e as proporcións de todalas partes do edificio. A columna é o seu elemento más característico e o diámetro dela é a medida básica. - A orde dórica é a máis antiga. Ficou definida arredor do 600 a. C. Desenvolveuse sobre todo na Grecia continental, Creta e a Magna Grecia. Caracterízase pola sobriedade e a xeometría e preséntase asociado a valores como a virilidade, a forteza, a austeridade, a claridade, a precisión.. A columna
2
(C) HENRIQUE HERVÉS SAYAR
A arquitectura grega clásica
-
•
dórica posúe unha altura equivalente a 4 veces o diámetro da base. Carece de basa, de xeito que o fuste apoia directamente sobre o estilobato. Este é estriado e presenta un lixeiro engrose a media altura (éntase). O capitel é moi sinxelo: sobre unha fina moldura, o collarino, aparece un núcleo convexo, o equino, e un prisma cuadrángular, o ábaco, sobre o que se apoia o entablamento. Este presenta un arquitrabe liso, un friso divido en triglifos e metopas, xeralmente con decoración excultórica. Sobre este atopamos a cornixa e unha cuberta a dúas aguas que define nos extremos do templo uns espazos ...
Regístrate para leer el documento completo.