Arredor De Si

Páginas: 5 (1005 palabras) Publicado: 26 de julio de 2012
Arredor de si

É unha novela escrita por Ramón Otero Pedrayo, que foi editada por primeira vez no ano 1930 na editorial Nós.
Editouse nun período histórico de gran relevancia en que a evolución do movemento creado polas Irmandades Da Fala levaría á creación dunha estrutura política, o Partido Galeguista, que pretende satisfacer a necesidade dun novo marco político para a Galicia. Estecompromiso veríase reflectido na elaboración do Estatuto de Autonomía, que visaba proporcionar ao país un novo lugar dentro de España.
Arredor de si conta a historia de Adrián Solovio, que inicia unha viaxe chea de dúbidas e incertezas existenciais; declárase nun primeiro momento antigaleguista, o que o conducirá a un cambio de actitude e á procura da súa propia identidade despois da longa viaxe quefai. Comeza o seu camiño en Madrid e pasa por varias cidades castelás até que recibe a nova da mala saúde do seu tío Bernaldo e decide volver a Galiza. Adrián ten agora máis dúbidas que no inicio a respecto da súa identidade, mais esta vez non teñen a ver coa súa posición individualista e de inadaptado, senón da propia afirmación como galego, membro dun conxunto claramente diferenciado.Despois damorte do tío Bernaldo inicia unha viaxe por Europa visitando París e Berlín. Cae entón na conta de que Galiza é por si mesma tradición e cultura e que, ao igual que esas cidades europeas, tamén ten identidade propia grazas a iso. É nese intre cando Adrián decide volver á súa terra para loitar por ela e conseguir que ocupe o lugar que se merece. Arredor de si está organizada en quince capítulos.Arredor de si está organizada en quince capítulos. Posúe unha estrutura basicamente alterna, até o décimo capítulo, nos feitos argumentais e no xogo de espazos de Galiza e de fóra de Galiza (Madrid, Toledo, Francia, Alemaña...). Por tanto, hai unha alternancia entre os capítulos que se refiren a un presente vivido, que se desenvolven fóra de Galiza e que teñen como función aportar novas experiencias,e aqueles de tipo retrospectivo, que se desenvolven en Galiza, en concreto na aldea miñota en que vive a familia de Adrián e posúen a función de enlazar as novas experiencias coas raíces. Ao mesmo tempo, no oitavo capítulo insírese o relato Nosa Señora das Labercas.
Nos cinco últimos capítulos rómpese a alternancia en que se realiza unha oposición entre o mundo rural e o urbano que ten unhafuncionalidade de afastamento fronte á aproximación que protagoniza Adrián Solovio. Así pois, a partir do décimo capítulo e, en concreto, até o capítulo XIII, o espazo narrativo está situado en escenarios europeos: París, Alemaña, Bélxica, Amberes. No XIV relátase a viaxe de regreso a Galiza por mar (A Coruña, Ordes, Santiago e, finalmente, a aldea do protagonista), e xa no último, o espazo étotalmente galego. Deste xeito, nos cinco últimos capítulos rómpese a alternancia antes mencionada, en que se realiza unha oposición entre o mundo rural e o urbano que ten unha funcionalidade de afastamento fronte á aproximación que protagoniza Adrián Solovio.
Otero Pedrayo crea unha novela de personaxe máis que de personaxes, no sentido de que todas, agás o protagonista Adrián Solovio, teñen unhafunción secundaria de fondo contrastivo, e existen na medida que teñan utilidade no relato do proceso de conversión de Adrián. Deste xeito, Adrián é o heroe modelo: un señorito fidalgo que ten arredor de 30 anos, representado unicamente polo valor espiritual, que supón a descuberta de Galiza realizada desde a propia identidade; así, créase unha especie de heroe nacionalista como referencia ética.
DonBernaldo, crego e tío de Adrián, é a personaxe secundaria máis importante; na súa figura conxuga a tradición ilustrada do século XIX de Galiza. Pola súa parte, a nai do protagonista, Dona María, supón o apego á terra. A Marquesa de Portocelos é un exemplo de cosmopolitismo e certo decadentismo ao que renuncia o protagonista. Por último, Xacobe, irmán de Adrián, é a súa contrafigura, xa que se...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Si Si Si
  • si si si
  • si si si mla
  • si si si
  • Si Si Si
  • SI si si
  • si si si
  • Si Si Si

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS