arte nas paredes

Páginas: 5 (1181 palabras) Publicado: 18 de febrero de 2016

BASES ARTE NAS PAREDES : Os muros que contan historias
1.OBXECTIVOS
Existen hoxe numerosos proxectos onde as vilas e cidades se converten en museos e escenarios, espazos onde sacar a arte á rúa.
Desde o Concello de Ribadeo queremos “contar historias”, aproveitar as paredes núas á imaxinación e abrilos aos pinceis de artistas para que nos amosen as súas creacións
Non podemos esquecer queas fachadas son como unha segunda pel da cidadanía, axudan a descubrir a cultura do lugar, e dalgunha maneira definen aos seus habitantes.
Con esta iniciativa “Arte nas Paredes; os muros que contan historias” buscamos artistas , que incidan sobre a fachada proposta, para transformala nun lugar de encontro , de interacción entre a vila e os seus habitantes, a través de proxectos vangardistas,que sorprendan e rachen coa cotidianiedade da vila e contribúan a mellorar a contorna, que sobresaian ben polo seu impacto visual ou pola súa capacidade rexeneradora dotando os espazos de singularidade propia.
2.BASES
Poderán participar artistas individualmente ou colectivos, maiores de 18 anos e de calquera nacionalidade.
Os candidatos/as ao premio terán a obriga de presentar un bosquexo da súaproposta, podendo para elo empregar calquera soporte/técnica e cunhas medidas máximas de 100cm x 100cm.
Cada persoa ou colectivo poderá presentar ata un máximo de tres propostas
A participación neste concurso implica a aceptación das súas bases.
3.TEMÁTICA, SOPORTE E FORMATO
So se admitirán obras orixinais, con liberdade de técnica, sempre que se garanta a permanencia da obra, o soporte dasinclemencias e do paso do tempo.
O espazo a intervir será a parede que está situada na esquina Rúa San Roque / Rosalía de Castro ) e a temática a plasmar será libre.
No caso de que haxa textos vinculados á obra proposta, o idioma a empregar será o galego. Neste punto o concello asesorará nesta materia se fose necesario.
A persoas ou grupo de persoas seleccionadas comprometeranse a adaptar o seubosquexo e plasmalo no espazo proposto , axustándose a técnica propia do muralismo.
Esta proposta deberá adaptarse ao espazo proposto , debendo contemplar unha zona de transición na base da parede, co obxecto de evitar posteriores intervencións e vandalismos no resultado da obra final.
Achégase a estas bases planos e ubicación de ambos os dous espazos
4.PREMIOS
O premio serán 3.000 eurosen metálico para a obra seleccionada. A contía do premio estará suxeita ao disposto na lexislación vixente en materia de retención de IRPF. Cando o premio concorran sobre un colectivo formado por persoas físicas éste será repartido proporcionalmente sempre e cando o colectivo non realice unha proposta alternativa.
Achega económica adicional:
-Os gastos de instalación e materiais necesarios paraa realización da obra correrán a cargo do Concello.
-Así mesmo o Concello asumirá os gastos de aloxamento e manutención , cando a súa necesidade estea debidamente xustificada. Os gastos asociados á manutención terán un límite de 400 euros.
5.COMO PARTICIPAR
Para participar será preciso presentar a seguinte documentación:
Sobre 1 ( pechado)
Bosquexo/ Bosquexos da proposta . Estas sepresentarán sen a identificación do autor/@s facendo constar na parte traseira da/s obra/s o título/s da mesma/s.
Memoria técnica: Explicación conceptual da obra, técnica empregada , un plan de execución do proxecto ( tempo de produción, medios técnicos requeridos, materiais necesarios etc
No seu caso exemplos doutros traballos.

Sobre 2
 Solicitude cumprimentada
 Nome e Apelidos do participante/s ,unha dirección de contacto, DNI/s , teléfono de contacto, correo electrónico.
 Declaración xurada sobre o carácter inédito do traballo presentado
 Fotocopia do DNI
6.PLAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN
O prazo para a presentación do proxecto será o 15 de setembro de 2015 , a documentación se presentará no rexistro do Concello de Ribadeo, Pza de España, 1. 27700 Ribadeo ( Lugo)
Os bosquexos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El Arte Las Paredes Y El Desarrollo De Una Nueva Manifestacion Artistica
  • Paredes
  • paredes
  • paredes
  • nasa
  • nase
  • la nasa
  • nasa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS