As Feiras De Antes
Pechade os ollos e abrídeos a mediados do pasado século…É día de feira. Unha parella xove e un rapaz soben de Vilameá cara Cruz do Incio. Ela leva na cabeza un cesto no quecarrexa ovos, mel e unha parella de capóns. O home suxeita coas trelas un becerro, acompañado de súa nai, a Morita, para que non turre moito. O rapaz camiña atrás, afalando a vaca e o becerro cunhaaguillada. A min lémbrame ao Balbino de Neira Vilas nas Memorias dun Neno Labrego, fermosa obra coa que moitos rapaces galegos aprendemos a coñecer, amar e soñar a nosa terra.
É o 22 de xuño, polamañá cedo. A néboa abraza o castro de Formigueiros. O centeo está medrado. A herba dos prados, xa alta, pronto será herba seca. Os castiñeiros amosan a candea. As cereixas xa comezan a colorear.-Dame mágoa vender o becerro, di a muller, é tan feito e tan bo.
-Se fora becerra botabámola fóra e criabámola, di o home.
A media mañá quenta o sol. Zumban os tabaos arredor da Morita e do seuxato. Unha brisa suave peina as leiras de centeo ás que o sol saca un brillo verde-amarelado. Por san Xoán mórrelle a primeira raíz ao pan. O camiño faise longo. O po da corredoira vainos tinguindode branco.
Hai boa feira. O xato é ben feito. Un becerreiro fíxase nel. Median os da casa do Carronzo, ¡partide a diferencia!. Hai trato. O vendedor garda os cartos no peto. Os becerros son amacroeconomía doméstica. O tratante marca o becerro cortándolle o pelo coas tesoiras e lévao cara o coche da empresa Montaña.
A muller tamén vendeu axiña os produtos que levaba no cesto. É amicroeconomía doméstica. Destina parte dos cartos a mercar unha cazola de barro, teas para facer unha camisa e unha saia aos avós e unhas cereixas porque llas pide o rapaz.
Ao lonxe escóitase un violín.A música vaise achegando acompañada dun canto de muller. É a Cega de Callás, di alguén. Entona os cantares de cego, coplas ou historias de desgracias e amoríos, pide a vontade e vende as historias...
Regístrate para leer el documento completo.