As Letras E As Festas

Páginas: 11 (2714 palabras) Publicado: 7 de junio de 2012
CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS · Nº 10
AGOSTO DE 2011
F E S TA S PAT RO NA I S D E S A DA

AS LETRAS E AS FESTAS II

SADA EN FESTAS Manuel L. Freire-Calvelo SADA, CENTRO TURÍSTICO E ESTIVAL Xohán Antón Suárez Picallo AS FESTAS NO PASADO: DOUS PROGRAMAS (1913 e 1934)

Promoción turística de Sada en La Voz de Galicia, 04/08/1931

Edita e imprime: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallocomisionsuarezpicallo@gmail.com http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo Sada - 15 de agosto, 2011 Directiva 2011 - presidente: Francisco A. Pita Fernández / vicepresidente: Manuel Pérez Lorenzo / secretaria: Rexina Basadre Orozco / tesoureiro: Xosé Val Díaz / vogais: Marisa Naveiro López, Xesús Castro Vidal, Amable Carballeira Caño, Ramón Tenreiro Suárez, Laura I. Pita Campos, Xaime RodríguezRodríguez Ilustracións: grabados de Fernando Cortés publicados en La Voz de Galicia con motivo das festas patronais de Sada nos anos 10 e 20. Fotografía da portada: vista da praza de San Roque engalanada para as festas nos anos 20. Fototipia Thomas.

SADA EN FESTAS Manuel L. Freire-Calvelo Atraídos polas festas patronais chegan estes días a Sada, a vila alegre e progresiva, numerosos forasteiros. Sadaé un fermoso núcleo urbano adormecido pola placidez e o murmurio da súa espléndida ría. Atravesan a beiramar en forma de T as estradas da Coruña e a de Mera-Fontán a Betanzos, inxentes nervios que transmiten as inquietudes ferrolás e coruñesas. Sada amósase hoxe en primeira liña entre as vilas máis importantes de Galicia. Gran parte da súa importancia débese ao tranvía. Os seus centros culturais,como o de "Sada y sus Contornos", o seu gran restaurant casino "La Terraza", os seu tres magníficos salóns de cinema sonoro, os seus bailes públicos, bares, etcétera fanlle acredor a visita e espontáneo eloxio. A importancia industrial sadense é incuestionable. Despois dos seus centros de recreo e diversións varias, segue por outra orde no industrial a conserveira e a da salga do estilo eimportancia da "Isabel", propiedade do noso querido amigo o avogado e ex presidente do "Nuevo Club" da Coruña D. José Taboada Martínez, a de serrar madeiras e carpintaría mecánica de D. Román Mosquera, etc.

1

Sada, o pobo e antesala da Coruña, é na súa provincia, sen discusión de ningún xénero, unha das vilas máis sorrientes e atractivas, estival por excelencia, circundada dunha paisaxe que é unencanto, con paraxes apracibles e sorrientes onde Deus puxo os dons máis altos para deleite e marabilla dos homes, verdadeira e inesgotable "canteira" para atracción do turismo, nada explotado e peor canalizado. Vila dotada dunhas vías de comunicación que para si quixesen capitais de provincia: unida á capital por tranvías eléctricos, e servida diariamente pola empresa de ómnibus dos nosos amigosos señores de Luengo, que diariamente fan con sorprendente rapidez a liña da Coruña, Sada e Betanzos, atravesando as paraxes máis fermosas e paradisíacas das Mariñas, como son esas zonas de Santa Cruz, Dorneda, Meirás, Mera, Lorbé, San Isidro, Gandarío e Bergondo. O servizo de Sada a Betanzos combina a Sada cos da Compañía de Tranvías e en Betanzos cos da Empresa Castromil a Santiago e IdealGallego a Ferrol. Sada é un pobo no que todo o mundo traballa, no que tres mil almas unen as súas voces, día tras día, ao sacrosanto himno do logro do "noso pan de cada día". Sada carece de historia. A súa historia é vulgar como a vida mesma; ela non rexistra "paladíns, abolenguismos, blasonismos e maquiavelismos"; nas súas rúas e prazas non se erguen caseróns escudados e fidalgos e monumentosconmemorativos... Pero en cambio ofrece ao visitante forasteiro unha vida modera a todo confort, alegría e unha hospitalidade que pode achar similar só nas grandes poboacións españolas. Sada, que estes días está a celebrar as súas famosas e tradicionais festas patronais, é o pobo dos grandes bailes, verbenas e outras xoldas, convertendo a ampla e limpa praia de Gandarío en soberbio escenario enmarcado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Letras Ra?As
  • LETRAS DE CANCIONES NAVIDE AS
  • As de as
  • as
  • Tu as
  • Te,as
  • los as
  • As

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS