As Mulleres De Verdade Teñen Curvas

Páginas: 10 (2330 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2012
[pic]



Unha película de Patricia Cardoso






PRESENTACIÓN

• FICHA TÉCNICA

• FICHA ARTÍSTICA

• SINOPSE

• ANÁLISE DA REALIDADE

• A DIRECTORA

• OS PERSONAXES



PROXECCIÓN DA PELÍCULA



FORO DE DEBATE




PRESENTACIÓN

• FICHA TÉCNICA

Título orixinal: Real women have curves

Directora: Patricia CardosoNacionalidade: Estados Unidos

Ano: 2002

Xénero: Comedia

Duración: 90 m.

Guión: Josefina López e George A Voo sobre a obra de teatro orixinal de Josefina López.

Fotografía: Jim Denault

Música: Heitor Pereira

Montaxe: Sloane Klevin



• FICHA ARTÍSTICA

Ana: América Ferrera

Carmen: Lupe Ontiveros

Estela : Ingrid Oliu

Sr. Guzmán: George LópezJimmy: Brian Sites




• SINOPSE

Ana pertence á comunidade chicana, formada por estadounidenses de orixe mexicana.Ten 18 anos e espéralle un futuro brillante. Está a piques de acabar os estudos de secundaria. Coñeceu a un mozo ao que lle gusta tal como é. Ana é a primeira da súa familia que pode atreverse a soñar con ir á Universidade, pero a súa educación modesta nun barrio doLeste de Los Ángeles e a lealdade que sente pola súa familia retéñena. Carmen, a súa nai, ten boas intencións, pero subestima o carácter de Ana e as súas ganas de cambiar de vida. Carmen, unha muller moi tradicional que tivo unha vida dura, xa non espera que Estela, a irmá maior de Ana, case. Agora pon todas as súas esperanzas en Ana para que esta lle dea os netos que ela cre merecer. O traballoamontóase no taller de costura onde traballa Estela. Ana, moi ao seu pesar, bótalles unha man para terminar un pedido de vestidos. Ana indígnase ante o traballo que requiren eses vestidos tan elegantes que levarán unhas mulleres cuxa vida é moi diferente á súa, vestidos nos que nunca caberá. Durante as longas horas no taller pasando calor, Ana empeza a darse conta de canto traballa a súa irmá e dotalento que ten. Ana ensina ás súas compañeiras de taller a querer aos seus corpos opulentos e a apreciar todo o que lles fai diferentes. Durante este proceso, descobre que nunca entenderá á súa nai nin a súa nai a ela. Cando acaban o último vestido, para Ana o traballo terminou e xa pode ir en busca do seu futuro.



• ANÁLISE DA REALIDADE

Esta película reflicte unha comunidade de EstadosUnidos diferente á que vemos noutras películas americanas. Ver a película en versión orixinal é imprescindible para observar a mestura de linguas, que é un símbolo da mestura de costumes, tradicións e valores na que viven inmersos os protagonistas. Non son xa mexicanos, son cidadáns estadounidenses; os adultos loitan por conservar a súa cultura e o seu sistema de valores, pero que ocorre coaxeración que naceu no novo país?

Os chicanos son cidadáns estadounidenses de orixe mexicana que crearon unha cultura propia a partir de dúas culturas que historicamente os rexeitaron: Por unha banda teñen a nacionalidade dun país que non termina de aceptalos, e, por outra banda soñan cun pasado mítico e simbólico, “a súa verdadeira cultura”, que nada ten que ver co mundo real dos seus avós. Noutraspalabras, son demasiado mexicanos para ser estadounidenses, demasiado gringos para ser mexicanos e terminan por non ser “nin de aquí, nin de alá”. Para a xeración que emigra é doloroso perder a identidade, pero os seus fillos, educados no país de acollida, tenden a romper os lazos co pasado.

A cultura mexicana, ademais de na lingua, está presente na relixiosidade popular. A casa de Ana está cheade imaxes relixiosas, de entre elas destacan dúas: A Virxe de Guadalupe, patroa de México, á que os mexicanos prestan unha enorme devoción, e San Antonio de Padua, a quen tradicionalmente se lle recoñeceu o don de conceder bos matrimonios.

Ao ser de orixe inmigrante, os personaxes vense obrigados a desempeñar traballos duros e mal considerados, a pesar de todo, son afortunados porque son...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • AS MULLERES NA LITERATURA
  • Montesquieu e as mulleres nas cartas persas
  • CASTE Poema El Alma Ten As
  • Qu Raz N Ten As Papa
  • Mulleres
  • Estandarizacion Curvas De Teñido
  • Verdades
  • 20 Trucos para tener unas u as envidiables

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS