As Rulas De Bakunin
• Nome da obra: As Rulas de Bakunin
• Autor: Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964. É un escritor en lengua galega, ao longo da súa carreira coma escritor; gañou importantes premios tales coma:
1. Premio Camilo José Cela no 1993, pola súa obra Valquiria.
2. Premio Álvaro Cunqueiro danarrativa no 1999, por Homónima.
3. Premio Café Dublín de narrativa no 1998, por Animalia.
4. Premio García Barros no 2000, por As Rulas de Bakunin.
5. Accésit no Certame Modesto R. Figueiredo no 1991, por A musa itinerante.
6. Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 1996, por O nome do espello.
• Data da PrimeiraEdición: 2000
• Edición do libro: Sexta edición, ano 2010.
• Editorial Galaxia (Vigo)
2.- Localización:
O autor naceu na localidade de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galegadurante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contosque lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa conHomónima.
En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria paraos lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.
As Rulas de Bakunin; foron escritas no 2000, e foi a obra máis internacional do autor, xa que estas foron traducidas ao portugués, ao italiano e ao castelán; ademais foi vencedora do Premio García Barros da narrativa no ano 2000. Antón Coello Nela expresa a súa opinión acerca do fascismo e da República; probablemente esté basada navida dalgún dos seus familiares que se viron na obriga de marchar cara a outros países na procura de atopar unha liberdade de expresión que naquela Galicia non había.
3.- Análise da historia:
A historia relata a vida de Camilo, dende a súa infancia, a cal pasaba maioritariamente co seu avó Estevo Roldan Patiño; o cal ensinoulle a tocar a guitarra e fomentou un carácteranarquista no mozo, tamén o animou a estudar e aproveitar a súa prodigiosa memoria. A vida de Camilo sofre un cambio radical cando levan fusilar ao seu avó; xa que era o seu ídolo. Seguindo os desexos de Estevo, o Mestre do neno pídelle aos pais que o leven onda a súa tía Lola, onde aprendería na escola cun amigo del chamado Emilio; os pais ao principio non lles fixo moita graza a idea, pero despois dereflexionar decidiron deixar marchar ao neno para que se puidese formar e estudar.
Unha vez na casa de Lola, Camilo deixou a todos boquiabiertos polo ben que tocaba a guitarra; e meteuse nun grupo chamado o ___________; na casa con eles pasaban moito tempo dúas mozas que axudaban e aprendían a coser con Lola; unha delas chamábase Rosalía; a cal máis tarde converteríase na noiva de Camilo.Lola tiña un noivo, que marchara cara a Estados Unidos na procura de diñeiro, pero atópase cunha serie de dificultades que atrasan a súa volta a casa. Cando Ricardo, volve, ven moi deteriorado, ademais de enfermo de tuberculose pero ninguén sabe nada. Ricardo acompaña a Camilo nas súas manifestacións anarquistas, e en unha delas dispáranlle, e por mor dese disparo e ao estar tan feble, morre no...
Regístrate para leer el documento completo.