AS SOCIEDADES DO PALEOLÍTICO: ORGANIZACION INTERNA, RECURSOS TÉCNICOS E RELACIÓN CO MEDIO.

Páginas: 7 (1668 palabras) Publicado: 19 de marzo de 2013
I. Introdución: Sociedades anteriores ó Paleolítico Superior

a. Sociedade do Paleolítico Inferior
O Paleolítico inferior comeza coa aparición dos homínidos e as súas primeiras manifestacións culturais, as ferramentas líticas. Este período pódese subdividir en dúas fases: Paleolítico inferior arcaico caracterizado polas industrias de cantos traballados e o Paleolítico inferior clásico coasindustrias de lascas.
O Paleolítico inferior arcaico datase aproximadamente de hai un millón de anos, sucedéndoo o Paleolítico inferior clásico que se desenrola entre 300.000 e 100.000 a.c.
Do Paleolítico inferior temos poucos datos xa que a interpretación dos xacementos é complicado, porque en moitas ocasións os vestixios son fragmentarios e o seu análise complexo. Por outra banda, este longoperíodo encadrase entre as glaciacións de Mindel e Würm onde houbo diversos cambios climáticos e ambientais. Polo hai que falar de distintos modelos de adaptación ós distintos ambientes en moitas rexións diferenciadas polas súas condicións específicas.
Identificamos tres tipos básicos de xacementos: os lugares de habitación, os de despece e os de actividades especializadas. Con frecuencia o lugarde habitación era tamén un lugar de despece en incluso detéctanse zonas de elaboración de instrumentos líticos.
Algúns dos lugares de habitación presentan unha distribución especifica, onde hai zonas de descanso, fogares con lume e taller lítico.
O medio e a diversidade de modelos de subsistencia provoca unha variedade de xacementos onde habería rotación anual por estacións.
Algúns lugaresde caza podían estar especializados en determinadas especies. Os cales non tiñan porque ser lugares de caza a vez. En moitos casos era máis probable que se limitarán a consumir animais que morrían por causas naturais.
No Paleolítico inferior, as técnicas de caza e pesca foron moi simples. A través de tampas accedían a grandes mamíferos, ou zonas pantanosas ás que conducían manadas con técnicasde acoso e batidas. Tras ser abatidos os animais, eran troceados no mesmo lugar e transportados posteriormente a lugares de habitación para o seu consumo. A presenza de outros depredadores representaba unha “competición” para a captura da presa. Tanto a caza como a recolección foron actividades que requirían unha organización básica de grupo. A caza era unha actividade de risco polo que a súapráctica requería unha presenza de grupos cazadores experimentados.
Os grupos humanos non eran moi numerosos e a súa composición dependían das posibilidades de abastecemento para a súa manutención.

b. Sociedade do Paleolítico Medio.
O Paleolítico medio comeza no 120.000 ata o 35.000 a.c.. O modo de vida era moi simple e tiñan que sobrevivir nun medio moi hostil. Era unha sociedade de cazadores erecoletores. As presas ían dende grandes mamíferos ata pequenos roedores. Era unha caza pouco selectiva case que oportunista. Os grandes mamíferos abatidos eran descuartizados no mesmo lugar, pero os de menor tamaño as covas e abrigos. Estes grupos humanos tíñanse que defender de perigosos depredadores.
Normalmente vivían en pequenas comunidades de organización social moi básica, na quedestacarían os especialistas na elaboración do instrumental lítico e os expertos cazadores.
Neste período encontrámonos enterramentos intencionais. As tumbas eran simples fosas nas que se depositaba o cadáver, a veces cos pes flexionados ou cun axuar depositado na tumba. A fosa podía estar cuberta con pedras ou cunha losa pétrea.
Pódese diferenciar tres modalidades de asentamentos neste período: a cova,os abrigos rochosos e os campamentos o aire libre.
As covas eran as máis utilizadas e ata habería obras de acondicionamento. Este modelo podía ser o mesmo tempo, un lugar de habitación e cemiterio. En todas elas pódense distinguir áreas de actividades específicas, como a talla de sílex, cemiterios e fogóns de cociña.
Os asentamentos ó aire libre, xeralmente de cazadores, son moi variados e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • medios ambiente y recursos internos que rodean una organizacion
  • PALEOLÍTICO MEDIO
  • paleolitico medio
  • Organización Funcional Del Cuerpo Humano Y Control Del Medio Interno
  • ORGANIZACIÓN FUNCIONAL DEL CUERPO HUMANO Y CONTROL DEL “MEDIO INTERNO”
  • Ensayo Influencia del DO en el CO
  • Que Relacion Tiene La Tecnologia Conlos Medios Tecnicos
  • LAS RELACIONES PÚBLICAS INTERNAS DE LA ORGANIZACIÓN

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS