As Vangardas Galegas
As vangardas son unha serie de movementos estéticos nacidos na Europa do primeiro terzo do século XX, e os cales supuxron unha ruptura radical coa maneira existente ata entón de concibir a arte en todas as súas manifestación, como a literatura, a pintura ou a fotografía. Cada un destes movementos constituíu un “ismo”, é dicir, unha corrente cos seus propios principios, que erandifundidos a través dos manifestos vangardistas. Os “ismos” xurdiron no seo de sociedades que experimentaban diversos conflitos, tanto políticos como económicos, e profundas transformacións a nivel científico, tecnolóxico, etc. Figuras destacadas foron Freud, Einstein ou Nietzsche.
Estas correntes fóronse sucedendo uns a outros, algúns duraron pouco, e outros en cambio deixaron profundas pegadas nasartes contemporáneas. As vangardas transformaron radicalmente o que era a arte e o papel do artista na sociedade.
As características comúns, dentro da diferenza que tiñan unhas respecto a outras, son rasgos como a deshumanización, o desprezo polo “bo” gusto burgués, o antirrealismo, antisentimentalismo (actitude antirromántica), a defensa da arte pola arte, e a renovación da linguaxe, entreoutras.
Algunhas das vangardas máis importantes son o cubismo, o futurismo, o dadaísmo, o surrealismo, o creacionismo e o ultraísmo, entre outras.
O cubismo xurdíu en Francia, no que destacan Picasso nas artes plásticas e Apollinaire ou Reverdy no campo da literatura. As súas caraacterísticas foron a descomposición da realidade e a formación intelectual da mesma en formas xeométricas, a alusión aconceptos lineais e espaciais, os caligramas (poemas visuais nos que os propios versos compoñen deseños), a as distorsións sintácticas.
O futurismo tivo como figura a Marinetti (Italia, 1910) e era contrario á tradición e á moral, renovaba os temas, mediante a exaltación dos avances técnicos, e o dinamismo e a rapidez verbal.
O dadaísmo foi unha corrente que reflictíu o estado de ánimo posteriorá Gran Guerra e estaba protagonizado por Tristán Tzara (Lausana, 1918). Era contraria á sociedade que provocou a “gran carnicería”, e revolucionábase contra todo e todos, de forma caótica, mediante a abolición das formas feitas.
O surrealismo tivo o seu auxe en Francia en 1924, e a súa figura máis destacada foi André Bretón. Fundamentábase nas teorías da psicanálise de Freud, e baseábase no fluxolibre do inconsciente, pretendendo así acadar a dimensión verdadeira irrefutable do pensamento humano. Foi un dos movementos máis importantes do século XX.
O creacionismo manifestaba que a arte non debe imitar á realidade e que o poeta debe gozar dunha existencia autónoma creada pola xustaposición de imaxes converténdose nun pequeño Deus que elabora un novo mundo de realidades. A súa figura máiscaracterística foi Vicente Huidrobo.
E por último, o ultraísmo foi unha corrente debedora doutros ismos, e tiña como elemento esencial da poesía a metáfora ou a imaxe.
En Galicia, as vangardas chegaron arredor do ano 1920 e transformaron o panorama literario galego. A cultura galega íase adaptando a todos os ámbitos, gracias a labor de intelectuais Risco, organizacións como as Irmandades daFala, o grupo Nós ou o Seminario de Estudos Galegos, e íase transmitindo a través de publicacións como Nós ou a Nosa Terra.
Podemos distinguilas dentro de dous grupos: as vangardas propiamente galegas, e as que foron adaptadas por artistas galegos. As vangardas propiamente galegas foron o neotrobadorismo, que estaba formado por unha serie de manifestacións textuais que tiveron como modelo a obrados trobadores galegos portugueses medievais, e ten como figuras a autores como Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro; e o hilozoísmo, cuxo tema central é a natureza a a trata a partir das metáforas, a súa figura máis salientable foi Luís Amado Carballo.
Amado Carballo (Pontevedra 1901-1927) foi o poeta principal do hilozoísmo e a súa poesía caracterizábase por facer unha auténtica fotograía dos...
Regístrate para leer el documento completo.