Asdf

Páginas: 2 (329 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2012
Emma Couceiro
Son chairega de nacemento (Cospeito,1977) , pero apenas vivín alí dezaseis meses. Repartín os anos da miña vida entre Laracha, Arteixo, Oza dos Ríos e finalmente ACoruña.
En Arteixo aprendín a ler.  Tamén pasei un día enteiro nun teatro, vendo os ensaios dunha representación á que non asistín. Así que entrei no grupo de teatro do colexo ebotamos todo o ano ensaiando unha obra que nunca se representou. Ás veces cada verso é un ensaio máis. Alí , con oito anos, recitei por primeira vez en público, foi co gallo do díadas letras, o poema era Nocturnio, de Curros Enríquez.
Así cheguei a esa aldea cercada polas murallas dun pazo, e case ao pé do mirador empezamos a reconstruir a casa.Entrechán dereita
Trono
Trono de acantos, de briza espiñada, de ermas.
(Recoñezo ese trono)
Ou senón investida na cima do parque, entre o chan e miña man dereita,
que ás veces taménestraga as comidas ou vive para min,
porque son destra na sinrazón de chamar a outras portas
e levo todas as preguntas por escrito.
Repito: vive para min, que os sábados limpo asfollas ou sento na cociña 
a ver se o recordo todo. E vive para min porque recorda 
porque agora ás veces leva un anel emprestado 
e non sabería dicir ónde perdeu as chaves. Pero desenredo o pelo para que non prenda
e baixe á miña boca e morda as uñas. Que as miñas razóns estalan co esmalte
e nen sequera sinalan se caen na conta.
E vive para minporque é idéntica, porque pousa sobre min e non se move,
ou prende a luz toda a noite 
para que a min me falte menos. 
Esta destra anotada por se esquezo algún nome
ou abandonoeste verso no medio da rúa. 
No medio da rúa, 
ou senón investida na cima do parque 
(trono) 
trono de acantos, de vista alugada (de izadas).
Entre o chan e a miña man dereita.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Asdf
  • Asdf
  • Asdf
  • Asdf
  • Asdf
  • asdf
  • asdf
  • asdf

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS