behds

Páginas: 24 (5963 palabras) Publicado: 16 de febrero de 2015
COMENTARIOS DO ALUMNADO DE 4º ESO A: CURSO 20082009
Un bosque cheo de faias é un libro que me chamou moito a atención.
A verdade é que é unha boa historia, baseada nun tema que agora, non sei
porque razón, atopámolo día si e día non nas noticias, series e coma non,
nos libros tamén. Ultimamente coméntanse temas parecidos ao que se trata
no libro, o racismo, persoas inferiores, raza pura…pero non é so iso, non
son só verbas, son accións, intolerancia. Persoas que unicamente buscan
mellorar o seu día a dia, traballar e vivir. Persoas que deben ter as mesmas
nosas posibilidades e dereitos, sen ser desprazadas e explotadas, coma no
caso de Nelson e do seu pai.
Neste libro, aparece moi ben reflectida a importancia que ten a
amizade a estas idades, onde calquera acontecemento podesupor unha
desconfianza ou unha das mellores alegrías. Os valores da amizade, os máis
importantes. Coma demostran Antón, Alexandre e Manuel, que se enfrontan
a eses abusos, a esa intolerancia, a esas inxustizas que sofre o seu amigo
Nelson, sen medo, cunha valentía non propia de rapaces da nosa idade.
Póñome no caso e seguramente non sería quen de afrontar esa situación
coma eles o fan. Unhahistoria chea tamén de misterio, de intriga, ir
descubrindo paso a paso, capítulo a capítulo, as pistas que van levar á
resolución final... A encontrar aos culpables, a demostrar quen é en
realidade esas persoas que non respectan, que non saben respectar. Loita,
equívocos, que darán lugar a un final máis que esperado, aínda que cunha
certa intriga.
A verdade é que levar esta historia áperspectiva dun rapaz
adolescente é algo complicado, coma tamén o é as respostas ás preguntas
que se cuestiona ao longo da novela, que estou segura que moitos adultos
non serían capaces de responder... Verdadeiras situacións de intolerancia,
represión, terror e odio. Se non era quen de imaxinar unha situación así,
este libro axudoume a pór na pel de cada un dos protagonistas e
minimamentecomprender os seus sentimentos ante tal situación. A
verdade é que me gustou bastante, resultoume moi fácil de ler. E coma
poucas veces, gustaríame que estas historias non saísen, soamente
existisen nos libros, pero é algo imposíbel mentres sigamos a vivir nunha
sociedade na que as desigualdades as marquemos nós mesmos. (MAR)

É un libro impactante; que mostra a peor cara da sociedade mundial.Unha cara que desafortunadamente está á orde do día; uso da violencia,
desprezo a persoas que cren inferiores pola súa maneira de ser, a súa cor ,
ou

por

onde

viven

e

traballan.

Trátanse

temas

tamén,

como

a

incomprensión entre pais e nais cos seus fillos “adolescentes”, (que parece
que isto comeza a converterse nun símil de rapaces ós que lles chove na
cabeza),Alexandre non comprende a súa nai, nin o mozo da súa nai, non lle
gusta que lle chame campión e tampouco lle gusta que a súa nai ande tan
pendente del.
Un tema que tamén sae reflectido é o da amizade entre os amigos, a
boa aceptación tamén por parte da panda de Alexandre, Antón e Manuel a
Nelson. E o gran compañeirismo, amizade, compresión, e fidelidade que hai
entre eles. Alexandre non podíacrer que Manuel fose dos malos, todas as
probas apuntaban a que si, Alexandre co tempo, creu que Manuel no era bo
tipo, pero o final descóbrese que ... A historia é moi interesante e case non
podes parar de ler porque ao ser os capítulos tan curtos sabes que no
seguinte vai pasar algo apaixonante. A personaxe é Alexandre, aínda que o
que me chamou a atención é que o narrador ás veces estafora da historia,
narra en 3º persoa, outras veces é Alexandre o que ten a voz cantante,
aínda que limitadas veces, pero este tipo de narrador dálle algo especial á
historia que me gustou. As accións xiran ó redor da paliza que lle deu un
grupo de neonazis a Nelson e o seu pai por se de cor. A partir disto
Alexandre descubre ou ocorrésenlle posibles sospeitosos da brutal paliza.
Rematan...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS