Biografías Filo ciencia

Páginas: 12 (2867 palabras) Publicado: 25 de enero de 2015
Biografía dos autores


EUCLIDES.

Nado no ano 360 a.C. e finado no 295 a.C., foi un profesor, matemático platónico e escritor de orixe descoñecida, criador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernospuideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Tería sido educado en Atenas e frecuentado a Academia de Platón, en pleno florecemento da cultura helenística.


PTOLOMEO.

Nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía.
Ptolomeo viviu e traballou en Alexandría, en Exipto. A súa grandeobra astrolóxica foi coñecida como Tetrabiblos, o primeiro manual da especialidade, baseado en escritos e documentos máis antigos babilónicos, exipcios e gregos. Alén diso, publicou tamén un libro chamado Xeografía. O seu sistema cosmolóxico ensinaba que a Terra estaba no centro e os outros corpos describían círculos concéntricos ao seu redor.

HIPATÍA.

Nada en Alexandría (Exipto), contra oano 370 e finada (asasinada) na mesma cidade contra 415, foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e a astronomía da época.
Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV, algunhas referencias din no 370 e outras no 355. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, que parece quetraballaba e daba clases na biblioteca, Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando á súa propia filla.
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou ao pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidadede Hipatia.
Aprendeu tamén a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos e os principios do ensino. Seguidora de Plotino, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética. Viaxou a Atenas e a Roma co afán de aprender e ensinar, destacando nos campos das matemáticas e a astronomía,[1] Membro e líder da escolaneoplatónica deAlexandría, a casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama. Dela dixo Sócrates Escolásico:
"Había unha muller en Alexandría que se chamaba Hipatia, filla do filósofo Teón, que logrou tales alcances en literatura e ciencia, que sobrepasou en moito a todos os filósofos do seu tempo. Sucesora da escola de Platón ePlotino, explicaba os principios da filosofía aos seus oíntes, moitos dos cales viñan de lonxe para recibir a súa instrución."
Sócrates Escolástico. Historia ecclesiastica, VII, 15


COPÉRNICO

Nado o 19 de febreiro de 1473 en Toruń e falecido o 24 de maio de 1543, foi un astrónomo e matemático que viviu a cabalo dos séculos XV e XVI e que revolucionou a concepción do universo grazas á súateoría heliocéntrica do Sistema Solar, que desprazou a Terra coma centro do universo,[2] concibida en primeira instancia por Aristarco de Samos. O seu libro de referencia,De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das esferas celestes), onde expresa a súa débeda coas obras de Azarquiel e al Battani, publicado en 1543, pouco antes da súa morte, adoita ser considerado como o puntoinicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza crave no que se chamou a Revolución Científica na época do Renacemento. Copérnico pasou preto de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo heliocéntrico do universo. Naquela época resultou difícil que os científicos a aceptasen, xa que supoñía unha auténtica revolución.
Copérnico era matemático, astrónomo,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • BIOGRAFIAS FIL SOFOS
  • Biografías de la ciencia
  • CIENCIAS DE LA BIOGRAFIA
  • biografias ciencia
  • biografias ciencias
  • Programa Filo De Las Ciencias
  • biografias ciencias politicas
  • Ciencias Fisicas biografias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS