BOP diputacion de lugo

Páginas: 126 (31409 palabras) Publicado: 24 de enero de 2014
LUNES, 11 DE MARZO DE 2013

Nº 058

EXCMA.DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE BENESTAR, DEPORTE, IGUALDADE E MOCIDADE
Anuncio
De acordo co artigo 9 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, dáselles publicidade ás
bases que rexerán no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a
investimentos en instalacións deportivas e paraequipamentos deportivos realizados por Concellos da provincia
de Lugo” (anualidade 2013), e do modelo de solicitude aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Excma.
Deputación Provincial de Lugo na súa sesión do día 8 de marzo de 2013.
BASES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E PARAEQUIPAMENTOS
DEPORTIVOS REALIZADOS POR CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO” (ANUALIDADE 2013)
1.DEFINICIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN
Son obxecto de subvención e, polo tanto incluídas dentro destas bases, os investimentos para a mellora,
acondicionamento e reforma de instalacións deportivas de titularidade pública por parte das entidades locais,
que executados durante o ano 2013 afecten directamente aodesenvolvemento da práctica deportiva nestas
instalacións.
Para estes efectos considéranse subvencionables aqueles investimentos realizados que garden relación
directa cos espazos dedicados á práctica deportiva e ás edificacións auxiliares que puidesen estar vinculadas con
aqueles e con especial incidencia sobre:
-

Os terreos ou pistas de xogo
A iluminación
Os vestiarios
A estanquidadeda instalación
A climatización
A introdución de medidas de eficiencia enerxética e enerxías renovables
A eliminación de barreiras arquitectónicas
A accesibilidade a zonas de práctica deportiva
A adaptación da instalación ao cumprimento das normativas vixentes que afecten directamente á
práctica deportiva.

Non serán obxecto de subvención, en ningún caso, aquelas actuacións que se pretendanrealizar sobre bens
de titularidade municipal, cando o soliciten entidades deportivas privadas.
Tamén son obxecto de subvención e polo tanto, incluídas dentro destas bases a adquisición de todo tipo de
equipamento deportivo inventariable por parte das entidades locais para ser destinado á práctica deportiva ou á
realización de adestramentos. Non serán subvencionables as equipacións deportivase o material didáctico–
deportivo de carácter funxible ou pequeno material como balóns ou material análogo.
2. GASTOS SUBVENCIONABLES
De conformidade co artigo 23 da Ordenanza xeral de Subvencións, enténdese por gastos subvencionables os
que respondan indubidablemente á natureza do investimento ou adquisición cuxo importe presentado sexa o
custo soportado pola entidade local beneficiaria dasaxudas públicas. Do mesmo xeito, os gastos serán os
estritamente necesarios.
Para os efectos do disposto no artigo 31.1 e 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións,
considérase gasto realizado o que se acredite coa presentación das facturas e/ou xustificantes de gasto, sen que
sexa necesario que este se atope pagado nin que se acredite o seu pagamento.

2

Núm. 058 –Lunes, 11 de Marzo de 2013

B.O.P de Lugo

3. REQUISITOS QUE DEBERÁN REUNIR OS BENEFICIARIOS
As entidades beneficiarias perceptoras da subvención terán os dereitos e obrigas, de conformidade co
sinalado no artigo 5, da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Lugo, e en todo caso:
Poderán acollerse a estas bases aquelas entidades locais que o soliciten no momento daconvocatoria de
acordo co establecido nelas, tendo consideración de beneficiario da subvención a entidade destinataria dos
fondos públicos para a acción que, dentro das finalidades das bases, se encontre na situación que lexitima a súa
concesión.
En xeral, poderán solicitar subvencións ao abeiro destas bases as entidades locais da provincia de Lugo, e
sempre que as accións que desenvolvan cumpran o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • diputacion
  • Diputacion
  • diputacion sevilla
  • diputacion permanente
  • Valvulas Bop
  • PRUEBA DE BOP
  • valvulas BOP
  • Bop germany

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS