Buscar. madurar, avaliar

Páginas: 13 (3214 palabras) Publicado: 17 de noviembre de 2011
BUSCAR. MADURAR E AVALIAR IDEAS DE NEGOCIO

1 Itinerario do emprendedor
Unha boa idea de negocio pode dar lugar ao desenvolvemento dunha iniciativa empresarial. Así e todo, antes de iniciar a posta en marcha da empresa é imprescindible que analicemos detidamente si a nosa idea supón efectivamente unha oportunidade de negocio e se cumpre as condicións necesarias para o desenvolvemento dunproxecto empresarial.
O gráfico 26 mostranos as etapas que debe seguir o emprendedor dende que xurde a idea ata a decisión da posta en marcha da mesma.
A idea por si soa non é nada, non é verdade que unha boa idea sexa sinónimo dun bo negocio, nen sequera podemos asegurar que o primeiro en ter a idea conte cunha vantaxe comparativa. É imprescindible que a idea responda a unha necesidade efectiva domercado, isto é unha maneira de decir que o producto ou servizo que queremos ofrecer vai ter demanda suficiente.
A idea de negocio haberá que madurala, determinar con precisión que imos vender, estudar o mercado ao que se dirixe tanto cualitativa como cuantitativamente, facer previsións sobre o futuro do mercado, determinar os recursos necesarios para levar adiante a idea e estudar a competencia.Cando a idea esté o sucientemente definida haberá que avaliala. Avaliar unha idea consiste en realizar un primeiro análise de viabilidade da mesma. Como acabamos de decir a primeira condición da viabilidade é que exista unha demanda suficiente e que sexamos capaces de satisfacer as necesidades desta demanda ofrecendo un producto ou servizo a un precio competitivo tendo como referencia ásempresas que compiten coa nosa. Tamén debemos valorar se somos capaces de conseguir os recursos técnicos, humanos e financeiros necesarios para chegar ao mercado e se temos a capacidade emprendedora suficiente para liderar o proxecto.
O proceso de maduración-avaliación da idea é retroalimentado, atopamos dificultades que temos que ir subsanando e introducindo melloras na idea. No caso de que atopemosdificultades na idea que non podemos superar teremos que desbotar a idea e buscar outra oportunidade de negocio.
Cando atopemos unha idea que pasa o filtro da avaliación da mesma, poderemos pasar ao paso seguinte que é o deseño do Plan de Empresa. Este plan de empresa é a planificación detallada do noso proxecto e paso previo imprescindible para a posta en marcha.
É moi importanre recordar queplanificar supón adiantarse aos problemas, fixar obxectivos e determinar as estratexias para alcanzalos. En todo proxecto emprendedor existe risco e incertidume, e a planificación é o único xeito de controlar este risco.

2 Fontes de ideas

Non debemos magnifica-la importancia da idea de negocio. Existen moitas e moi boas ideas, pero o verdadeiramente importante é saber converter esa idea nunproxecto empresarial viable. A idea non é un fin en si mesma, é un medio para conseguir un fin.
A idea en si mesma non fai unha empresa, é un punto importante e imprescindible, pero non perda-lo tempo buscando a idea do século, porque unha idea só ten valor cando somos quen de convertela nunha idea de negocio innovadora e acorde coas necesidades do mercado.

As ideas de negocio pódensenosocurrir por casualidade, pola influencia do contorno próximo (familiares, amigos, vecinos), pola experiencia laboral como empregados, por viaxes a outros lugares ou por combinación de algunha destas fontes. Pero o emprendedor non debe deixar que o azar lle presente unha idea, senón que debe buscala con método.

A metodoloxía para a busca dunha idea innovadora debería basarse nos seguintes principiosbásicos.
• Ser fruto dunha busca organizada e sistemática. A calidade da idea mellorará se é o resultado de consultar e contrastar máis dunha fonte.
• Converter a idea xenérica nunha oportunidade, que se concretará nun concepto de negocio ben concreto e definido.
• A idea debe ser simple e centrada, e que se poida iniciar a pequena escala.
Existen moitas clasificacións das fontes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Transición y crisis en busca de un yo maduro
  • Maduras O Maduras!!!!
  • LA MADURES
  • Maduro
  • Madurar
  • madura
  • Maduro
  • maduro

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS