Cafeína HPLC

Páginas: 6 (1401 palabras) Publicado: 23 de septiembre de 2014
1.- Obxectivo
Determinar a concentración de cafeína mediante cromatografía de líquidos de alta resolución en diferentes mostras de bebidas.

2.- Introdución
A cafeína é un alcaloide do grupo das xantinas, a cal está catalogada como unha droga psicoactiva, é dicir, que ten de propiedades estimulantes cardíacas e do sistema nervioso central. A cafeína foi descuberta en 1819 polo químico alemánFriedrich Ferdinand Runge, foi el quen acuñou o termo Koffein, un composto químico no café. Encóntrase no té, café e bebidas de cola. De forma natural encóntrase en follas, froitos e sementes dalgunhas plantas, nas cales actúa como praguicida. A cafeína non é tóxica en baixas doses, pero unha inxestión en exceso pode ser letal. A cafeína é soluble en auga, o cal se aproveita para unha doadaextracción.

Estrutura da cafeína

O peso molecular da cafeína pódese determinar pola súa estrutura, o cal é de 194 gr/mol. Unha das técnicas para determinar cafeína e a súa concentración en compostos é a Cromatografía Liquida de Alta Eficiencia (CLAE) con detección de UV, polo tanto o valor de máxima absorbancia da cafeína é importante coñecelo para colocar os parámetros correspondentes nocromatógrafo. A absorbancia máxima da cafeína é a 272 nm.
A HPLC (polas súas siglas en inglés High-performance liquid chromatography) é unha das técnicas máis importantes para a análise química e purificación de compostos no laboratorio. Algunhas das vantaxes que ten esta técnica sobre a cromatografía de líquidos convencional son a velocidade de elución, a capacidade de separar compostos termolábiles, asúa alta eficiencia e a posibilidade de usarse novamente. La HPLC é usada para a identificación, cuantificación e illamento dos compoñentes dunha mestura. Esta técnica é moi importante, xa que non todos os compostos son suficientes volátiles para aplicar cromatografía de gases, polo tanto é necesario recorrer á HPLC. Esta técnica utiliza presión elevada para forzar ao disolvente a pasar por unhacolumna de partículas moi finas co cal se consegue separacións máis eficientes.
Nesta práctica determinarase o contido de cafeína en refrescos de cola, bebidas enerxéticas e en café soluble, mediante HPLC de fase reversa, con detección por UV, utilizando a área dos picos para determinar as concentracións.

3.- Material e reactivos
3.1.- Materiais
Matraces aforados de 100, 50, 25 e 10 mL.Vasos de precipitados.
Probetas.
Pipetas automáticas e puntas de pipeta.
Equipo de filtración a baleiro.
Filtros de 0,20 μm.
Filtros de xiringa de 0,20 μm.
Xiringas de 10 mL.
Equipo de HPLC Jasco con detector UV.
Columna cromatográfica C18 Kinetex 5μm new Column 150x4,6 mm con precolumna.
3.2.-Reactivos e mostras
Metanol de calidade HPLC.
Cafeína anhidra.
Diferentes marcas de bebida decola
Bebida de cola descafeinada.
Diferentes marcas de bebida enerxética
Café soluble.

4.- Procedemento.
4.1.- Preparación da fase móbil.
a) Filtrar auga destilada a través de filtros de celulosa ou nylon de 0,20 μm empregando o equipo de filtración a baleiro.
b) Preparar a fase móbil mesturando a auga destilada filtrada e o metanol de calidade HPLC nunha proporción 60:40 en volumerespectivamente.
c) Introducir 500 mL de fase móbil no recipiente destinado para a mesma e desgasificar facendo pasar unha corrente de helio durante 2 min.
d) Reservar o resto da fase móbil para o enrase das mostras e patróns.
4.2.- Preparación dos patróns.
a) Preparar un patrón madre de cafeína de 1000 mg/L con auga destilada filtrada.
b) Preparar unha serie de patróns de 10, 20, 30, 40 e 50 mg/L decafeína a partir do patrón madre de 1000 mg/L en matraces de 10 mL enrasando con fase móbil.
4.3.- Preparación das mostras.
a) Para as mostras de bebidas con gas desgasificar poñendo a axitar 24 horas.
b) Para as mostras de bebidas de cola, unha vez desgasificadas, filtrar a mostra con filtro de xeringa de 0,20 μm, tomar 1 mL do filtrado e levalo a 10 mL nun matraz aforado con fase móbil....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Verificacion del metodo cafeina por hplc
  • Análisis de Cafeína por HPLC
  • hplc
  • Hplc
  • HPLC
  • hplc
  • HPLC
  • HPLC

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS