Cambio climático

Páginas: 17 (4086 palabras) Publicado: 27 de octubre de 2010
Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.
O termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambiosclimáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global. O UNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denominano variabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climáticoantropoxénico.
O día 12 de decembro de 2009 celebrarase o Día de acción global contra o cambio climático [1].
As causas dos cambios climáticos


Temperatura na superficie terrestre.
O clima é unha media, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos; consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos. Un cambio na emisión do Sol, nacomposición da atmosfera, na disposición dos continentes, nas correntes mariñas ou na órbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e o balance radiativo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario. Estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre oclima, inda que tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos de meteoritos. A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática ca caótica, pero tamén é certo que o homo sapiens pertence á propia biosfera terrestre podéndose considerar tamén como internas segundo o criterio que se use. Nas causas internas encontramos unhamaioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non só hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as respostas que ditas modificacións poden supor. Por todo iso ó clima é considerado un sistema complexo en toda regra. Segundo quétipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Disto depende a escala de tempo e que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.
[editar] As Influencias externas
[editar] Variacións solares


Variacións da luminosidade solar ó longo do ciclo das manchas solaresMáis información en: Variación solar | Sol.
A temperatura media da Terra depende, en gran medida, do fluxo de radiación solar que recibe. Así a todo, debido a que ese aporte de enerxía case non varía no tempo, non se considera que sexa unha contribución importante para a variabilidade climática. Isto sucede porque o Sol é unha estrela de tipo G en fase de secuencia principal, resultando moiestable. O fluxo de radiación é, ademais, o motor dos fenómenos atmosféricos xa que aporta a enerxía necesaria á atmosfera para que estes se produzan.
Por outro lado, a longo prazo as variacións fanse apreciables xa que o Sol aumenta a súa luminosidade a razón de un 10% cada 1.000 millóns de años. Debido a este fenómeno, na Terra primitiva que sustentou o nacemento da vida, fai 3.800 millóns deaños, o brillo do Sol era un 70% do actual.
As variacións no campo magnético solar e, polo tanto, nas emisións de vento solar, tamén son importantes, xa que a interacción da alta atmosfera terrestre coas partículas provenientes do Sol pode xerar reaccións químicas nun sentido ou outro, modificando a composición do aire e das nubes así como a formación destas.
[editar] Variacións orbitais
Máis...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cambio climatico
  • Cambio climatico
  • Cambio climatico
  • Cambio climaticos
  • Cambios climaticos
  • Cambio climático!
  • Cambio climatico
  • cambio climatico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS