Cantiga de Mendinho
-Autor, época, escola literaria
Esta cantiga é de Mendinho, un trobador galego medieval que viviu entre o século XIII e XIV.
A orixe deste autor non esta clara, poderíaproceder do sur de Galicia, especificamente da ría de Vigo xa que neste poema (o único poema conservado del) menciona a Illa de San Simión.
A escola literaria de este autor é a galego portuguesa.-Clasificación xenérica e subtipo temático
Esta cantiga é mariña ou barcarola e romaría.
As cantigas mariñas ou barcarolas son nas que o poeta pon en boca da namorada que espera ao seu amado nunha ermidao na beira de mar.
As cantigas de romaría son un subxénero das cantigas de amigo que se distinguen por facer referencia ás peregrinacións e os santuarios. Non é, sen embargo, a cuestión dascomposicións relixiosas, xa que, a miúdo, a capela de peregrinación son un pretexto ou un escenario de desenrolo da temática amorosa.
-Recursos estilísticos propios do xénero: localización e descrición
Ascantigas de amigo a diferenza das outras non ten a súa orixe na lírica provenzal, senón que se desenvolven na Península Ibérica e teñen a súa orixe na poesía tradicional . As cantigas de amigo sontamén de tipo amoroso, pero neste caso a voz emisora é feminina. Habitualmente esta voz emisora feminina pertence a unha moza namorada baixo a tutela da súa nai e pertence a un mundo feminino e popular.O eu lírico é unha muller, pero os autores das cantigas de amigo eran os mesmos que cultivaban os demais xéneros na nosa lírica.
Normalmente nestas cantigas a moza canta o seu amor polo amigo elamenta a ausencia do amado (ou xustifica a súa tardanza por acusacións da nai).
As características destas cantigas son o eu lírico feminino, a presenza de paralelismos, predominio da musicalidade, olamento da moza pola partida do amado, o amor natural, a ambientación popular rural ou urbana e deus como elemento importante tamén do poema.
-Análise temática: suxeito lírico, ambientación...
Regístrate para leer el documento completo.