caquita
Tras a morte de Franco en 1975 iniciouse un proceso de transición do réximeditatorial ao democrático.
Paralelamente á construción dun Estado baseado no principio da libre elección, reformouse a súa organización territorial mediante o Estado das Autonomías , que permitía adescentralización administrativa.
A chegada da democracia e o desenvolvemento autonómico propiciaron unha recuperación da actividade cultural galega. En 1983 o Parlamento de Galicia aprobou a Lei denormalización lingüística, que trataba de recuperar e favorecer a presenza e o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade.
Dende 1983 ata a actualidade , esta lei permitiu avances no proceso derecuperación social do galego, pero non cumpriu as expectativas; de feito, os propios informes oficiais da Xunta sinalan un descenso alarmante do uso do galego entre as xeracións más novas.
Entre os anos1975 e 1980, a lírica galega coñece unha fase de evolución estética, debido á crise do modelo socialrealista.
Os anos 70 estiveron dominados por unha poesía socialrealista xa moi esgotada. A partirde mediados da década van aparecer obras como “Con pólvora e magnolias“ que marcan un cambio de rumbo de cara a unha poesía de gran preocupación formal. Ao mesmo tempo xorden colectivos poéticos quefan propostas moi novidosas:
colectivo Rompente : explora a poesía máis vangardista ligada a correntes como o pop e o rock. Mistura poesía con outros formatos como o video ou o espectáculo musical.reivindican a poesía como arte rupturista coa tradición e experimental sen esquecer o compromiso radical coa lingua.
colectivo Cravo Fondo ou do Colectivo Alén: son exemplos da viraxe que se estáproducindo desde a poesía de temática social realista a unha poesía centrada na preocupación intimista.
Colectivo Loia: creado en Madrid arredor da revista do mesmo nome por un grupo de estudantes...
Regístrate para leer el documento completo.