Castelao, o sempre en Galiza e o nacionalismo galego

Páginas: 28 (6961 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2013
CADERNO SOBRE CASTELAO.
CASTELAO, O SEMPRE EN GALIZA E O NACIONALISMO GALEGO
APROXIMACIÓN Á LEITURA DO SEMPRE EN GALIZA
Os galegos non sabemos ben a sorte que temos ao contarmos cun libro como o Sempre en Galiza. Mesmo
desde o nacionalismo –únicos e lexítimos beneciciários do pensamento que recolle- non lle concedemos, ás
veces, a importáncia debida nos foros de debate, nas aulas, etc.. Epor parte das institucións políticas
autonómicas e dos ámbetos académicos superiores, conscientes do seu carácter ainda subersivo, teiman, con
crecente interese, en seguir sacralizando-o (Castelao é sando de devoción para todos) ou en ofereceren lituras
deturpadas, mensaxes descafeinadas e deliberadamente confusionistas. Chegamos a tanta desfachatez e
absurdo que mesmo o actual presidente doGoverno español asegurou no intre da sua elición que é un libro que
lle di moito(sic).
Asi, para un mozo ou moza dos noso dias, que teña boa intención e certa curiosidade, segue sen ser doado
achegar-se ao Sempre en Galiza sen vacilacións e sen preconceitos. Mediatizada a sua imaxe por campañas de
edulcoramento e manipulación, que o fan aparecer como xa asumido ou ben superado (edición críticafinanciada polo Parlamento, medallas Castelao, etc.), dista moito, sen embargo, ainda que sexa nominalmente,
de ser a biblia dos galegos, como se lle ten chamado a miúdo. A isto hai que engadir que Sempre en Galiza non
é un libro para ler dun envión, senón máis ben por fases.
Pode ser aconsellábel demorar-se inicialmente no Adro e Libros I e II, deixando para unha leitura posterior e III
e oscapítulos do cuarto, que deixou incompleto. En calquer caso, o Sempre en Galiza é un libro para volver
constantemente sobre el, porque sempre garda segredos e novas emocións. Máis ainda, se queremos coñecer a
traxectória política de Castelao desde a II República á sua morte en Bos Aires, é o mellor espello que dela
temos. Paralelamente serve-nos para albiscar como para Castelao foi táboa desalvación no océano amargo do
exílio, cando se viu privado de toda acción política na Pátria e só podia furgar nos recordos unha e outra vez.
Seguramente non foi un camiño fácil para el, como tampouco o é hoxe en dia para calquera, conseguir chegar
ao nacionalismo. Na biografia de Castelao hai, sen dúbida, moitos factores que o foron motivando desde os
tempos da sua xuventude: o entorno popular enque se criuo (a carón de labregos e marixeiros), a sua
esmerada sensibilidade artística, a influenza de certa fidalguia de sentimentos galeguistas, etc.. Ten confesado
que chegou un intre en que non aspiraba a ser un hobe de carreira renegado, como os avogados, médicos e
boticários ao uso, que desprezaban o País e a si mesmos (“señoritos educados na iñoráncia de si mesmos). En
l906, con vinteanos, cando viaxa coa tuna universitária a Coimbra, descobre o complexo dos portugueses
enmpeñados en falaren español, po un lado, e por outro, dos galegos que, menosprezando a sua própria imaxe,
fan burla de todo o que sexa “portugués”, sen deteren-se a admirar a semellanza da paisaxe e sen entraren
nunha soa libraria. Claro que non todos ian ser fillos da Casa da Troya e “non era raro que devolta de Portugal
un estudante, que ben podia ser autor deste libro, ficase máisk galego que antes e con ánimos para desentoller
as posibilidades dunha Galiza ceibe”(p: 358 )
Pois ben, neste empeño puxo Castelao a sua vida e obra e non hai mellor exemplo que o que atopamos ao
longo do Sempre en Galiza. Sabemos que desde comezos de l935 comeza a redactar os artigos do Adro que vai
enviando aA Nosa terra. Nestes momentos Castelao sofre desterro en Badaxoz, “cando Lerroux tivo a ben
ordear que me preparase para maores auséncias” (p.9). Nesta parte de presentación da obra defende o
activismo político como único xeito de avanzar na liberación nacional e social de Galiza, condeando a
teorización e a pasividade. Se queremos mudar o rumo da história non queda outra alternativa que un...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A FORMACION DO NACIONALISMO GALEGO
  • Castelao
  • Castelao
  • Castelao
  • Castelao
  • A galiza
  • Galego
  • Galego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS