Castelao

Páginas: 3 (639 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2012
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, máis coñecido soamente como Castelao, naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e morreu no exilio —en Bos Aires (Arxentina)— o 7 de xaneiro de 1950. Foi unintelectua l comprometido coa terra galega e é un dos pais do nacionalismo galego. Ademais de médico, foi escritor, debuxante, caricaturista, pintor e político.
Aos tres meses do seu nacemento, o paiemigrou a Arxentina, polo que foi criado pola súa nai e os seus avós maternos. En 1895, con nove anos, emigrou xunto coa súa nai a Arxentina para vivir co seu pai. En 1900, a familia retornou aGalicia. De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico o bacharelato de Artes e, en 1903 comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os seus anos nauniversidade empezouse a interesar polo debuxo e a pintura, e en especial pola caricatura, pola que anos despois sería moi coñecido. Licenciouse en 1909 e comezou a exercer a profesión de médico enRianxo, traballo que non lle gustaba moito. Isto, xunto con un desprendemento de retina que fixo que quedase case cego, levouno a deixar de exercer a medicina e buscar un traballo máis seguro comofuncionario no Instituto Xeográfico y Estatístico de Pontevedra. En 1912 casou con Virxinia Pereira Renda, con quen tivo ao seu único fillo Alfonso Xesús de Braga quen morreu aos catorce anos.
En 1916fundou, xunto a outros, as “Irmandades da Fala”, e en 1918 comezou a colaborar co xornal madrileño “El Sol”. Con Vicente Risco e Otero Pedrayo, entre outros, fundou a revista “Nós” arredor da que brotou avida política e cultural de Galicia entre 1920 e 1936. En 1926 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega. En 1931 elixírono deputado como galeguista independente para as CortesConstituíntes da Segunda República, e participou na constitución do Partido Galeguista. Desde novembro de 1934 ata setembro de 1935 foi confinado en Badaxoz. En 1936 foi elixido, de novo, deputado na...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Castelao
  • Castelao
  • Valentin E Castelao
  • Castelao
  • Castelao
  • Estadio castelao
  • Cousas, castelao
  • Cousas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS