Causas De La Crisis

Páginas: 28 (6904 palabras) Publicado: 3 de octubre de 2012
POLÍTICA ECONOMICA

INTRODUCIÓN:
Este traballo vai dividido en dúas partes ben diferenciadas, na primeira delas realizo unha síntese do que foron as principais causas da crise; e na segunda parte analizo as diferentes medidas que se levaron a cabo para conter a crise e frear a espiral de devastación que se estaba a crear en todo-los mercados mundiais.
Neste traballo céntrome nas medidas depolítica fiscal que levaron a cabo as principais economías do mundo, mediante as cales debemos extrapolar unha serie de conclusións á hora de evaluar a súa incisión na economía e os seus resultados á hora de frear os efectos devastadores desta crise.

Causas da Crise.
Na primeira parte do traballo vou tentar explicar as causas da actual crise financeira. Para iso, vamos clasificar os diferentesfactores que provocaron que nos encontremos nesta recesión en 3 tipos: as cuestións microeconómicas, as cuestións macroeconómicas e as deficiencias reguladoras e controladoras do sistema financeiro internacional:

* FACTORES MICROECONÓMICOS:

Nesta crise financeira, ó igual que en todas as anteriores, producíronse tanto fallos de mercado como de estado (de goberno) moi importantes. Osproblemas derivados da información asimétrica nos mercados foron moi grandes, e producíronse situacións de risco moral, de selección adversa, de axencia, de contaxio e de comportamento de rabaño.
Como veremos a continuación produciuse unha situación de infravaloración do risco nun contexto de rápida innovación financeira (modelo de orixinar e distribuír) baseado na dexeneración da titulación deactivos.
Entre os fallos de mercado e de estado máis importantes que se produciron podemos destacar once:
-O primeiro é un fallo de estado. Cando o goberno estadounidense decidiu que era moi recomendábel que todas as familias americanas tivesen acceso a unha vivenda digna, independentemente da súa renda e da súa capacidade de pago. Desta forma estaba creando un problema de selección adversa porque asfamilias americanas sabían que non se lles ía denegar un préstamo hipotecario por poucos ingresos que tiveran. Desta forma, lóxicamente aquelas que tiñan unha maior probabilidade de non poder pagalo eran as que tiñan un maior incentivo para solicitar ditos préstamos.
-O segundo problema xurde no mercado de orixe e de titulación das hipotecas subprime. Nel xurdiron fallos de estado importantes,tanto de regulación como de supervisión. Tamén se produciron fallos de mercado posto que os que orixinaban este tipo de hipotecas non eran bancos, senón que axentes e corredores a comisión (que non estaban regulados). Estes axentes non tiñan máis incentivos que colocar unha hipoteca a unha familia para cobrar a súa comisión, sen decatarse se o tomador da hipoteca iba a poder pagar ou non; é dicir,primaba máis o incentivo da comisión que as garantías de pago de dita hipoteca.
Ademais, as familias que eran tomadoras de ditas hipotecas tiñan un claro incentivo a firmar o contrato hipotecario que lles poñían por diante, sen nin sequera mirar a súa letra pequena, xa que podían vivir dous anos gratis ou case gratis na vivenda e despois vendela coa súa hipoteca incorporada a un prezolixeiramente superior e, incluso poderían tomar outra hipoteca para facer o mesmo coa súa seguinte vivenda.
Se houberan lido a letra pequena habían observado que os tipos de xuro que lles cargaban a partir do terceiro ano comezaban no 6-7% e subían cada ano até chegar ó 14-15%, o que facía que dita hipoteca fora prácticamente imposíbel de pagar. A este problema axudáballe a pasividade dos axentes oucorredores por conta das caixas ou bancos que non lles importaba nin o máis mínimo se as familias darían pagado ou non, xa que traballan a comisión e non tiñan ningunha responsabilidade.
Xuntamente con isto, os bancos e outros intermediarios bancarios que colocaron estas hipotecas a través dos citados comisionistas tampouco tiñan un incentivo para intentar cobralas, xa que as convertían en títulos e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • causas de la crisis colonial
  • La crisis caus dos muertes
  • Causa y consecuencia de crisis 29
  • Causas De La Crisis De 1929
  • Causa de la crisis economica
  • Causas De La Crisis Economica De 1982
  • Causas Y Conseuencias De La Crisis De 1930
  • Causas De La Crisis Del 29

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS