chachi

Páginas: 15 (3656 palabras) Publicado: 19 de junio de 2014
TEMA 11. GUERRA FRÍA E POLÍTICA DE BLOQUES.
A BIPOLARIZACIÓN.
O remate da 2ª guerra mundial coa vitoria dos aliados sobre a Alemaña nazi, non trouxo
consigo un período de paz e estabilidade económica polas enormes diverxencias ideolóxicopolíticas que permaneceran ocultas por conveniencia mutua durante a guerra.
EEUU e a URSS, convírtense nas dúas superpotencias mundiais xa que saenfortalecidas da
guerra. EEUU, pola ocupación do Pacífico fronte a Xapón e a súa crecente influencia na
Europa occidental, mentres que a URSS consolídase como líder da Europa oriental e anexiona
os países do Báltico ó seu territorio.
O incremento da rivalidade entre ambas potencias agrávase nos anos posteriores a guerra,
pola instauración de réximes comunistas nos países de Europa oriental e o apoio deStalin ós
partidos comunistas de Europa occidental. O mundo queda dividido en dous bloques: o bloque
occidental ou capitalista, liderado por EEUU, e o bloque oriental ou comunista liderado pola
URSS. As diferencias entre eles deron lugar a formación do chamado “pano de aceiro” (liña
ou frontera imaxinaria que divide en dous o continente europeo).
A GUERRA FRÍA: CARACTERÍSTICAS.
A Guerra Fríaé un período de hostilidade permanente entre EEUU e a URSS e os bloques de
paises que lideran, na que se intensifica a carreira armamentística , ainda que os
enfrontamentos militares non son directos senón a través dos seus países aliados, en
conflitos localizados, e onde a pesar de utilizar a ameaza nuclear, ésta non se fai efectiva para
evitar unha 3ª guerra mundial enormemente destrutiva.Este permanente estado de enfrontamento ou de guerra non declarada entre 1947 e 1985 ten
as seguintes características:
-Bipolarización territorial: liderando cada superpotencia unha zona de influencia exclusiva; a
URSS domina Europa oriental e os EEUU controlan Europa occidental, Xapón e América. A
descolonización provoca a aparición dun tercer grupo, os países non aliñados, que non seencadran en ningún dos dous bloques.
-Enfrontamento militar: polo medo a guerra nuclear hai unha estratexia disuasoria ou
intimidatoria de equilibrio do terror, que obriga ós países a un enorme gasto militar pola
enorme carreira de armamentos, con diferente intensidade según as fases do conflito. Neste
sentido a necesidade de coñecer os proxectos e puntos débiles do inimigo levou a un fortedesenvolvemento do espionaxe a través das axencias de intelixencia (CIA, KGB).
-Enfrontamento ideolóxico: representando cada bloque a un sistema político-ideolóxico e
económico, o occidental, liderado por EEUU, á democracia parlamentaria e ó capitalismo, e o
oriental, liderado pola URSS, a ditadura do proletariado e ó comunismo.

A FORMACIÓN DOS DOUS BLOQUES.
Os dous bloques enfrontados na guerrafría se diferencian desde o punto de vista xeográfico e
ideolóxico. Desde o punto de vista xeográfico, o bloque occidental xira en torno ó Atlántico
Norte (EEUU e os países de Europa occidental), mentras que o bloque oriental organízase en
torno a URSS, Europa oriental e parte de Asia.
Desde o punto de vista ideolóxico, o liberalismo occidental oponse ó socialismo comunista. A
URSS concibe ademocracia como a plena igualdade dos cidadáns a costa da suspensión das
liberdades individuais (democracia popular), mentras que os norteamericanos defenden as
liberdades individuais e o pluralismo político (democracia liberal).
No terreo económico, os liberais occidentais defenden a propiedade privada e a liberdade do
mercado (capitalismo), fronte a propiedade colectiva e a nacionalizacióndos bens de
producción e a planificación estatal (comunismo).
O BLOQUE OCCIDENTAL CAPITALISTA.
EEUU adquire un papel hexemónico a nivel político na Europa occidental olvidando o seu
tradicional illamento a partir da Doutrina Truman, de 1947, consistente en axuda militar e
económica ós países europeos para evitar o contaxio comunista. Esta doutrina aparece a
partir do conflito grego de 1946...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Soy chachi
  • chachi
  • Chachi
  • chachi
  • Chachi
  • Chachi
  • Chachi
  • Chachi

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS