China Dende 1945 Ata 2009

Páginas: 6 (1378 palabras) Publicado: 18 de junio de 2012
INTRODUCIÓN
Neste documento imos ver a historia de China desde a fin da Segunda Guerra Mundial e como chegou ó gran desenvolvemento e importancia que está adquirindo hoxe en día. Pero para conseguir isto houbo masacres e situacións críticas que superar.
Trala loita entre comunistas e nacionalistas na guerra civil de 1937 (paralela á invasión xaponesa), estableceuse Mao como dirixente daRepública Popular China. Gobernou baseándose na dura e violenta represión de todo aquel que non aceptase as condicións impostas, tomando como exemplo a Unión Soviética de Stalin. Fracasou estrepitosamente no seu intento de mellora económica co chamado “Gran Salto Adiante”, polo que foi temporalmente apartado da xefatura, para recuperala logo mediante unha movilización violenta das masas contra osrevisionistas chamada Revolución Cultural. Porén, coa morte do sucesor de Mao volve á política un antigo socio deste que fora considerado traidor, e que finalmente conseguiu liderar o país no lugar de Mao e levar a cabo reformas que iniciaron un certo desenvolvemento.
Este desenvolvemento mantense hoxe, acentuado nos últimos anos, mais con reservas respecto de outros asuntos de dubidoso futuro.

CHINADESDE 1945 ATA 1959
A República Popular China foi proclamada no ano 1949, liderada polo comunista Mao Zedong. Unha das principais prioridades do novo goberno sería a reconstrución económica, para o que se levaría a cabo unha reforma agraria cunha redistribución das terras dos terratenentes, e reformas sociais. Outra prioridade do novo goberno era a expansión do país. Na Guerra de Corea(1950-1953) China prestou apoio a ó goberno norcoreano xunto coa Unión Soviética, mais non mantiveron no conflito unha boa relación de cooperación. Ó rematar a guerra, o goberno da república, imitando o modelo soviético, decide aplicar un Plan Quinquenal que establecía os obxectivos de crecemento da produción agrícola para os cinco anos seguintes (1953-1957).
Tras sete anos de réxime comunista Mao propuxoque a sociedade e os seus intelectuais expresasen libremente a súa opinión sobre o réxime na campaña das cen flores. Porén, moitas destas persoas foron encarceradas e enviadas a campos de traballos forzados (laogai), do que algúns deducen que a campaña das cen flores era un plan de Mao para acabar cos que se opoñían ó réxime.
En 1958 lévase a cabo unha nova campaña: “O Gran Salto Adiante”, quese convertería no maior fracaso económico da época maoísta (millóns de persoas morreron de fame e empeorou a produción agrícola). Consistía en aumentar a produción de trigo e aceiro exclusivamente ata niveis case imposibles, e isto aínda se viu empeorado coa ruptura de relacións coa URSS en 1960, que foi o fin de todos os acordos de axuda soviéticos e supuxo que marcharan uns 1400 técnicos devolta ó seu país.
CHINA NOS ANOS 60
Trala desfeita do “Gran Salto Adiante”, Mao foi desprazado da xefatura do Estado a favor de Liu Shaoqui, aínda que seguiu sendo presidente do Partido Comunista Chino. En 1962 propuxo crear o Movemento de Educación Socialista, o cal supuxo a concienciación absoluta das masas de que el era o mellor xefe de Estado. Apoiouse para isto no Libro Vermello, Citas dopresidente Mao, o libro adoutrinador da política de Mao. Grazas a esa mobilización logrou retomar o poder na súa persoa.
En 1967 comeza a chamada Revolución Cultural, que consistiu esta vez en mobilizar as masas para rebelarse contra todos aqueles dirixentes revisionistas (máis moderados que Mao ou a favor de facer correccións na política do momento). Mao conseguiu o poder para si e para os máisafines a el, valéndose da acción de moitos mozos e dos Gardas Roxos, plenamente concienciados polo lema “Bombardeade o estado maior”. É claramente un dos maiores lavados de cerebro que mostran como un único home é capaz de mover cruelmente un país.
En 1968 o poder tíñao o militar Lin Biao, pero foi asasinado e Mao recuperou o poder. Non lle quedará máis remedio que permitir o regreso dalgúns...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • China Ata a Sus Vecinos
  • China 1911-1945, Hechos Políticos Importantes
  • Dende
  • El Mundo de 1945 a 2009 (II parte)
  • CHINA SHANGHAI PLASTICO 2009
  • Horoscopo chino 2009
  • Atão
  • Ata chapters ata chapter

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS