circulo de xiz fragmento xuizo

Páginas: 8 (1992 palabras) Publicado: 11 de julio de 2013
O CÍRCULO DE XIZ CAUCASIANO. Bertolt Brecht. FRAGMENTO

O AVOGADO.- Un asunto totalmente ridículo, Señoría: a parte contraria secuestrou ó neno e négase a devolvelo
AZDAK.- Unha moza moi atractiva…Declaro aberto o xuízo e exixo a verdade máis estricta. Especialmente de ti.
O AVOGADO.-Alto tribunal! O sangue, di o dito popular, e máis denso que a auga. Esa vella sabiduría popular…
AZDAK.-O tribunal debe coñecer a canto ascenden os honorarios do abogado
O AVOGADO.- Como di? Ah! Cincocentas piastras, Señoría, para respostar á insólita pregunta do tribunal.
AZDAK.- Oistes iso? A pregunta é insólita. Fágoa porque non o escoitarei do mesmo xeito sabendo que é vostede BO (CARO
AVOGADO.- Grazas señoría. Alto Tribunal! Os lazos de sangue son os máis fortes. Nai e fillo: existe algunharelación máis íntima? Pódeselle arrebatar un fillo á súa nai. Alto Tribunal! Mesmo a feroz tigresa, cando lle rouban ás súas crias, vaga polos montes sen descanso, convertida nunha sombra. A natureza mesma…
AZDAK.- Que podes responder a iso e a todo o que o señor avogado ten que dicir ainda?
GRUSHE.- Que o neno é meu?
AZDAK.- Iso é todo? Espero que poidas probalo. En calquera caso, esíxocheque me digas por que che debo dar o neno.
GRUSHE.- Eu crieino a ciencia e a conciencia, e sempre atopei algo de comer para el. A maior parte do tempo tivo un teito por riba da súa cabeza e sufrín pola súa causa toda clase de adversidades. Nunca tiven en conta a miña comodidade. Ensineille ó cativo a ser amable con todos e, dende o principio, a traballar no que poida, porque aínda é pequeño.AVOGADO.- Señoría, resulta significativo que esa muller non faga valer ningún vínculo de sangue entre ela e o neno.
AZDAK.- O tribunal toma nota diso.
AVOGADO.- Grazas, señoría. Permitide que unha nai agoniada, que perdeu ao seu esposo e que agora teme tamén perder ao seu fillo, vos dirixa unhas palabras. Señora Natela Abashvili…
A MULLER DO GOBERNADOR.-Señor, un destino sumamente cruel obrígame apedirvos que me devolvades ao meu fillo. Non son eu quen debe describirvos os tormentos da alma dunha nai desposuída, os medos, as noites de insomnio, os…
AVOGADO.- É inaudito como se trata a esta muller. Prohíbeselle a entrada no palacio do seu marido, néganselle as rendas dos seus bens, díselle fríamente que depende do herdeiro, que non pode facer nada sen o neno, nin sequera pagar ós avogados!…Naturalmente, o resultado do proceso decidirá tamén se a nosa distinguida clienta poderá disponer dos moi cuantiosos bens dos Abashvili, pero dixen deliberadamente “tamén”, é dicir, ante todo está a traxedia humana dunha nai, como dixo ela con razón ao comenzar coas súas conmovedoras palabras. Ainda que Michel Abashvili non fora o herdeiro deses bens, seguiría a ser o fillo adorado da miña cliente!AZDAK.- Alto aí! O Tribunal considera a mención dos bens como proba de humanidade
AVOGADO.- En calquera caso podemos demostrar que a muller que se apropiou do neno, Non é a súa nai! Permitídeme que expoña ó tribunal os feitos brevemente. Por unha desgraciada serie de circunstancias, o neno Michel Abashvili quedou atrás cando fuxiu a súa nai. A chamada Grushe, fregona do palacio, estaba presenteese Domingo de Pascua e foi vista cando se afanaba arredor do cativo…
GRUSHE.- A señora só pensaba en que vestidos levar con ela!
AVOGADO.- Aproximadamente un ano despois, a chamada Grushe apareceu nunha aldea do monte e contraeu matrimonio con un…
AZDAK.- Como chegaches a esa aldea no monte?
GRUSHE.- A pe, Señoría, e o neno era meu.
SIMÓN.- Eu son o pai, Señoría.
AVOGADO.- Ese home é oprometido de Grushe, Alto Tribunal, e por iso o seu testemuño non é digno de creto (credibilidade).
AZDAK.- Es ti o que casou con ela na aldea?
SIMÓN.- Non, Señoría, ela casou cun labrego.
AZDAK.- Por que? Non vale nada no leito? Di a verdade.
GRUSHE.- A iso non chegamos aínda. Casei polo neno. Para que tivera un teito sobre a sua cabeza. El estaba na guerra, Señoría.
AZDAK.- E agora el...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fragmento
  • Fragmentos
  • Fragmento
  • Fragmento
  • Fragmentos
  • El Fragmento
  • Fragmento
  • Fragmento

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS