ciug fisica

Páginas: 5 (1007 palabras) Publicado: 25 de abril de 2013
GRAVITACIÓN

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Analiza-la evolución da Ciencia na explicación dos fenómenos naturais.
Interpreta-las forzas gravitatorias e a súa consecuencia na orde do universo.
Establece-los conceptos necesarios para o estudo das interaccións a distancia.
Identifica-la interacción gravitatoria como unha interacción de tipo conservativo e establece-las magnitudes que acaracterizan.
Coñece-las características e as leis que rexen o movemento xeral dun corpo no campo gravitatorio e relacionalo coa enerxía.
Relaciona-los avances científicos, derivados do estudo das forzas gravitatorias, coa exploración actual do universo.
CONTIDOS

1. Modelos do universo. Revisión histórica.

2. Forzas centrais.
2.1. Momento angular dunha partícula.
2.2. Teorema do momento angular.Principio de conservación.

3. Leis de Kepler

4. Lei da Gravitación Universal
4.1.Constante "G".
4.2. Período de revolución dun planeta.
4.3. Interacción dun conxunto de masas puntuais. Principio de superposición.

5. Concepto de "campo"
5.1.Campos escalares
5.2. Campos vectoriais
5.3. Campos conservativos
5.4. Forzas conservativas

6. Enerxía potencial
6.1. Enerxíapotencial nun punto
6.2. Traballo e diferenza de enerxía potencial
6.3. Conservación da enerxía mecánica
6.4. Intensidade do campo gravitatorio nun punto
6.5. Potencial gravitatorio

7. Aplicacións ó estudo do campo gravitatorio terrestre
7.1. Intensidade do campo gravitatorio terrestre
7.2. Variación da "g" coa altura, a profundidade e a latitude
7.3. Enerxía potencial gravitatoriaterrestre
7.4. Satélites: velocidade orbital e velocidade de escape.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Interpretar e analiza-lo concepto de campo gravitatorio.
Preténdese comprobar se o alumnado é quén de comprende-lo concepto físico de campo extendendo o devandito concepto ó estudo do campo gravitatorio, analizando de xeito particular as características dos campos de forzas conservativos.

•Establecer e analiza-las magnitudes básicas relativas ó campo gravitatorio.
Preténdese verificar que os alumnos son capaces de interpretar e analizar diferentes magnitudes do campo gravitatorio en cuestións e problemas, tales como forza e intensidade de campo, enerxía potencial e potencial, tanto referidos a campos creados pola Terra coma por outros corpos celestes, incluíndo o estudo gráfico eanalítico destes.
Tamén se inclúe neste apartado ó estudo gráfico e analítico das interaccións entre masas puntuais.

• Enunciar e interpreta-las leis Kepler do movemento planetario e aplicalas para o caso de órbitas circulares.
O alumnado debe ser quén de interpretar e enuncia-las leis de Kepler, profundizando na súa utilización para a resolución de cuestións e problemas.

• Analizar eavaliar diferentes situacións-problema contemplando aspectos cinemáticos, dinámicos e enerxéticos relativos ó campo gravitatorio.
Con este criterio preténdese avaliar se o alumnado é capaz de resolver problemas e cuestións relativos a corpos situados nas proximidades de superficies planetarias, en estado de movemento ou de repouso, para aplicar e valora-los aspectos cinemáticos, dinámicos eenerxéticos apropiados. Inclúense neste apartado diferentes situacións relativas á velocidade de escape e a enerxía total dun corpo en traxectoria orbital.

ELECTROMAGNETISMO

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Analizar, resolver e representar (se é o caso): as interaccións electrostáticas e o campo electrostático, potencial e a enerxía , xerados por cargas eléctricas puntuais.
Identifica-los campos de esferascondutoras, planos e fíos infinitos.
Analizar, resolver e representar (se é o caso): as interaccións entre cargas en movemento e campos magnéticos e entre correntes eléctricas entre si.
Determina-lo campo creado por fíos infinitos e bobinas.
Defini-la lei de indución de Faraday e a lei de Lenz.
Analiza-los fundamentos do xerador de corrente alterna.
Valora-las analoxías e diferenzas entre...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • CIUG
  • fisicos de la fisica
  • Fisica
  • Fisica
  • Fisica
  • Fisica
  • Fisica
  • Fisica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS