Comentario Aristoteles

Páginas: 6 (1462 palabras) Publicado: 22 de septiembre de 2011
 
TEXTO

A comunidade perfecta de varias aldeas é xa a cidade, con, por así dicilo, a perfección de toda suficiencia (autárkeia), e nacida para vivir, pero existente para vivir ben. Por iso toda cidade o é por natureza, se tamén o son as comunidades previas, xa que ela é fin destas e a natureza é fin. Porque o que cada ser é, despois de rematada a súa xénese, é o que dicimos que é a súanatureza, por exemplo, a do home, do cabalo, da casa. Ademais a causa e o fin son o mellor, e a suficiencia é fin e o mellor. De todo iso resulta que a cidade é das realidades naturais e que o home é un animal social (zôon politikón), e que o asocial por natureza e non por acaso ou é inferior ou superior ó home, coma o censurado por Homero coma home sen tribo, sen leis, sen fogar pois quen é tal pornatureza tamén é desexoso de guerra, por ser como unha peza solta no xogo das damas. Por qué o home é animal social en maior medida que a abella ou calquera animal gregario é cousa evidente: a natureza, como dicimos, nada fai en van, o home é o único dos animais que ten a palabra (lógos). Pois ben, a voz é signo do doloroso e do pracenteiro e por iso está presente tamén nos outros animais, xa que asúa natureza chega ata ter percepcións do doloroso e do pracenteiro e chega a que as signifiquen os uns ós outros. Pero a palabra é para expresar o conveniente e o danoso, así como o xusto e o inxusto, porque é propio dos homes fronte dos outros animais ser o único que ten percepción do ben e do mal, do xusto e do inxusto, e doutras cousas. A comunidade en todo iso fai a familia e a cidade. A cidadeestá por natureza antes que a familia e que cada un de nós, pois é de necesidade que o todo estea antes que a parte: morto o todo, non haberá nin pé nin man, se non é equivocamente, por exemplo, se falamos dunha man de pedra, a tal man será unha man morta. Todo está definido pola súa función e pola súa capacidade, de tal xeito que, cando as cousas xa non son, non se debe dicir que seguen sendoelas, senón algo co mesmo nome. É evidente, pois, que a cidade é por natureza e antes que cada un, xa que, se cada un illado non é autosuficiente, estará na mesma posición que as demais partes fronte ó todo, e aquel que non ten capacidade de vivir en sociedade ou que nada necesita pola súa autosuficiencia, non é parte ningunha da cidade, mesmamente coma unha besta ou un deus. Por natureza está entodos o impulso cara a tal sociedade, e o primeiro que a estableceu é causante de grandes bens, xa que, tal coma o home cabal é o mellor dos seres vivos, así tamén, afastado de lei e xustiza, é o peor de todos, porque a inxustiza máis inaturable é a que ten armas, e o home por natureza ten armas para a prudencia e a virtude, pero é moi posible que as empregue para os seus contrarios; por iso senvirtude o home é o máis impío e salvaxe, e o peor para as luxurias e as enchentes, mentres que a xustiza é da sociedade porque a xustiza é ordenación da comunidade política, a xustiza é decisión do que é xusto. ARISTÓTELES, Política libro I 1253a5–a38 Aristóteles, tamén chamado o Estagirita, (debido a que naceu en Estagira de Tradio), pertence ao período clásico da história da filosofía. Vive entre o384 e o 322 a.C. e asemade é discípulo de Platón, adícandose tanto a educación de Alexandro Magno coma a súa

propia formación xa que na “Academia” Platónica permaneceu durante 20 anos. Para rematar, forma o seu propio centro de ensinanza ao que denominamos “Liceo”. Do seu Mestre, adquirirá unha ferrea postura antirrelativista e antiesceptica e empregará a abstracción e o coñecemento lóxico ecientífico como base para reflexionar sobre os diferentes temas que trata nas suas obras. Destacan principalmente os escritos sobre a physis, metafísica e sobre o comportamento, tanto individual coma colectivo. Ao vivir no século IV a.C. tócalle vivir o tránsito cara o mundo helenístico. O Helenísmo é un período da civilización grega que dura aproximadamente 300 anos, históricamente delimitado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario Aristóteles
  • Comentario Aristoteles
  • Comentario de Aristóteles
  • Comentario de Aristóteles
  • Metafísica (aristóteles) comentario
  • Comentario de texto aristoteles
  • Aristóteles Comentario Cambios
  • comentario aristoteles mal hecho

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS