comentario de historia
Foi enton finalmente a axitación polítca e social a cal fixo substituír a Berenguer por Xoán Bautista Aznar como presidente do Goberno quen decidiu convocar unnhas eleccións as cales adquiriron un carácter plebiscibo a favor ou en contra da monarquía. Estas foron clave para oestablecemento da Segunda República, o 14 de Abril de 1931. Comeza así un novo periodo político en España.
Este novo Goberno provisional republicano tiña como principal obxetivo a organización dunhas eleccións a Cortes constituíntes triunfando nelas a alianza republicano-socialista o 28 de Xuño dese mesmo ano. As diversas reformas que estos fixeron deronlle a este primeiro periodo republicano o nomede Bienio Reformista.
Unha das reformas deste Goberno provisional foi a apobación da chamada Constitución de 1931 pola cal se definía a España como unha república de traballadores de toda clase Doc.2 ``Art.1 España é unha República democrática de traballadores de toda clase..´, o establecemento dunha República parlamentaria e o establecemento do poder lexislativo en mans das Cortes. Como vemos,aprobaron diversas modificacións máis esta nova Constitución non foi sometida a referendo polo que non se sabe o grao de aceptación da cidadanía cara estes cambios e dándolle máis argumentos á dereita para rexeitala.
Despois da aprobación desta Constitución foi nomeado Manuel Azaña como Xefe do Goberno. A partir dese momento comezan as grandes reformas propiamente ditas.
Entre as reformasrelixiosas podemos destacar a liberdade de cultos Doc.2 ``Art.3 O Estado español non ten reliión oficial´´, a separación entre Igrexa e Estado e o divorcio.
Entre as reformas que fan referencia ao exército Azaña tiña como obxectivo corrixir as grandes deficiencias da estrutura militar tomando como medidas a supresión da Lei de Xurisdicións de 1906 ou mesmo a esixencia de que todos os mandos xurasenfidelidade a Repúlica, entre outras. Como era de esperar estas reformas causaron malestar en algúns sectores do exército.
Outra reforma que hai que destacar é a reforma educativa co obxectivo de eliminar as elevadas taxas de analfabetismo existentes en España. A nova filosofía educativa basearíase no ensino obrigatorio, gratuíto e laico, plasmado xa na nova Constitución Doc.2 ``Art.48. A ensinanzaprimaria será obrigatoria será gratuíta e obrigatoria. A ensinanza será laica…
Temos que destacar tamén o establecemento de que o Estado integral republicano era era compatible coa autonomía dos municipios e das rexións Doc.2 ``A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións… pola que aquelas zonas que por afinidades históricas, culturais e económicasdeciden organizarse como rexión, deberían elaborar un Estatuto de Autonomía e superar unhas condicións establecidas.
Foron os cataláns os primeiros en realizar ese Estatuto aprobada polos concellos cataláns máis a súa discusión nas Cortes foi moi lenta e polémica, acelerada debidoa tentativa de Golpe de Estado de San Jurjo apróbandose en Setembro do ano 1932. Cataluña xa era unha comunidade autónoma.Estas reformas non foron suficientes. Dende o inicio da República esta contaba coa oposición dos grupos oligárquicos e dun sector dos militares os cales intentaron paralizar as reformas mediante un golpe de Estado. Xornaleiros influenciados polo anarquismo e as forzas políticas da dereita formaron a oposición. Os acontecementos que máis a marcan foi a sublevación de Sanjurjo o 10 de Agosto de...
Regístrate para leer el documento completo.