COMENTARIO FILOSOFIA KANT

Páginas: 13 (3212 palabras) Publicado: 29 de abril de 2015
COMENTARIO DE KANT

Ao longo do século XVI e século XVII, Europa encontrábase envolta en guerras de relixión. Cando a situación política se estabilizou tras a Paz de Westfalia (acordo entre católicos e protestantes, 1648) e o final da guerra civil en Inglaterra, existía un ambiente de axitación que tendía a centrar as nocións de fe e misticismo nas revelacións "divinas", captadas de formaindividual como a fonte principal de coñecemento e sabedoría (Iluminismo). En lugar disto, a Era da Razón tratou entón de establecer unha filosofía baseada no axioma e o absolutismo como bases para o coñecemento e a estabilidade.
Este obxectivo da Era da Razón, que estaba construído sobre axiomas, acadou a súa madurez coa ética do racionalista Baruch Spinoza, que expuña unha visión panteísta do universoonde Deus e a Natureza eran un. Esta idea converteuse no fundamento para a Ilustración, desde Isaac Newton ata Thomas Jefferson. De feito o pensamento europeo atravesaba por unha onda de cambios, exemplificados pola filosofía natural de Sir Isaac Newton, un matemático e físico brillante. As ideas de Newton, que combinaban a súa habilidade de fusionar as probas axiomáticas coas observaciónsfísicas en sistemas coherentes de predicións verificables, proporcionaron o sentido da maior parte do que sobreviría no século posterior tras a publicación de seus Philosophiae Naturalis Principia Mathematica. Pero Newton non estaba só na súa revolución sistemática pensadora, senón que era simplemente o máis famoso e visible dos seus exemplos. As ideas de leis uniformes para os fenómenos naturaisreflectíronse nunha maior sistematización dunha variedade de estudos.
Se o período anterior foi a era do razoamento sobre os principios básicos, a Ilustración dedicouse a buscar a mente de Deus mediante o estudo da creación e pola dedución das verdades básicas do mundo. Por iso, o século XVIII constitúe, en xeral, unha época de progreso dos coñecementos racionais e de perfeccionamento das técnicas daciencia. Foi un período de enriquecemento que potenciou a nova burguesía, aínda que se mantiveron os dereitos tradicionais das ordes privilexiadas dentro do sistema monárquico absolutista.
Esta corrente avogaba pola razón como a forma de establecer un sistema autoritario ético. Entre 1751 e 1765 publícase en Francia a primeira Enciclopedia, de Denis Diderot e Jean Le Rond D'Alembert, que pretendíarecoller o pensamento ilustrado. Querían educar a sociedade, porque unha sociedade culta que pensa por si mesma era a mellor maneira de asegurar a fin do Antigo Réxime (o absolutismo e as ditaduras baséanse na ignorancia do pobo para dominalo). Na súa redacción colaboraron outros pensadores ilustrados como Montesquieu, Rousseau e Voltaire.
Os líderes intelectuais da Ilustración considerábanse a simesmos como a elite da sociedade, cuxo principal propósito era liderar ao mundo cara ao progreso, sacandoo do longo período de tradicións, superstición, irracionalidade e tiranía (período que eles crían iniciado durante a chamada Idade Escura). Este movemento trouxo consigo o marco intelectual en que se producirían as revolucións, Guerra da Independencia dos Estados Unidos e Revolución francesa, asícomo o auxe do capitalismo e o nacemento do socialismo.
Como dicíamos, un dos trazos de identidade dos ilustrados é a fe no progreso. Con eles a historia deixará de ser concibida como o escenario da salvación (pensamento cristiá medieval) para ser concibida como escenario do progreso humano. O movemento ilustrado confía en que o triunfo da razón sobre os prexuízos, as supersticións e odogmatismo, conducirá a un extraordinario desenrolo das ciencias e natureza para poñela ao servizo do home. Ao mesmo tempo, o uso da razón axudaranos a crear proxectos de vida individuais e colectivos que fagan ás sociedades máis xustas e aos individuos máis felices. Probablemente, ata certo punto, esta é a concepción da historia na que aínda vivimos inmersos.
Polo xeral os pensadores ilustrados...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario De Kant
  • Comentarios De Kant
  • kant comentario
  • kant filosofia
  • Filosofia kant
  • Kant Filosofia
  • Filosofia de kant
  • Filosofía: Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS