Comentario Platón
República libro VI, 509c—511e
-Creo que queda moito por dicir, porén, canto sexa posible no momento presente, non o omitirei voluntariamente.
-Non, sen dúbida.
-Pensa, entón, como diciamos, que son dúas entidades, unha –o ben– rexe o mundo do intelixible e a outra –o sol– o mundo do visible. Pero non digo do ceo para que non che pareza que estou a facer un xogo depalabras.¿Acaso non tes ante ti esas dúas especies, a visible e a intelixible?
-Teño.
-Toma agora unha liña dividida en dúas seccións desiguais e de novo corta estas dúas partes, segundo a mesma proporción, a da especie que é visible e da que é intelixible, e terás a claridade e a escuridade en relación a ambas, na visible atoparás unha sección de imaxes. Doulle o nome de imaxes, en primeiro lugar, ássombras, e despois aos reflexos na auga e en todo canto se constitúe como compacto, liso e brillante, e, se me entendes, a todo o semellante a iso.
-Entendo.
-Coloca agora a outra seción ao lado da que ofrece imaxes, os animais que nos rodean, así como todas as plantas e tamén o xénero íntegro do que é fabricado polo home.
-Coloco.
-Verdadeiramente ¿estarías disposto a declarar que a liñaquedou dividida en canto á súa verdade e non verdade, de modo tal que o opinable é ao cognoscible como o é a copia respecto do que é copiado?
-Por suposto que si.
-Pois considera agora se tamén hai que dividir a sección do intelixible.
-E como?
-Deste modo: por un lado, a alma, servíndose das cousas antes imitadas como se fosen imaxes, vese obrigada a buscar a partir de hipóteses e non sedirixirá a un principio, senón a unha conclusión. E, por outra parte, avanza ata un principio absoluto, partindo de hipóteses e sen imaxes, facendo o camiño coas ideas mesmas e por medio delas.
-Non comprendín suficientemente iso que dis.
-Pois vexámolo de novo. Comprenderás facilmente se antes che digo o que segue: Creo que sabes que os que se ocupan da xeometría e do cálculo e doutras cousassemellantes, supoñen o impar e o par, as figuras, tres clases de ángulos e outras cousas parecidas, segundo o método en cada caso. Como se as coñecesen, usan estas hipóteses e non estiman que deban dar conta delas nin a si mesmos nin a outros, como se fosen evidentes para calquera; e partindo delas, recorren o resto ata concluír consecuentemente naquilo que intentaban demostrar.
-Seino, si.
-E ben,tamén sabes que se serven de figuras visibles e fan discursos acerca delas, non pensando nelas, senón naquelas outras ás que se parecen, argumentando en canto ao cadrado en si e a súa diagonal pero non en canto á que debuxan, e outras cousas polo estilo. As mesmas cousas que modelan e debuxan, das que hai sombras e imaxes na auga, sirven a estes como imaxes, buscando aquelas cousas en si quenon podería ver un doutro modo que co pensamento.
-Falas con verdade.
-Pois a isto chamaba eu a especie intelixible, pero a alma vese forzada a servirse de hipóteses na súa busca, pero sen ir cara a un principio, por non poder ir máis aló das hipóteses. Sérvese das imaxes dos obxectos que foran imitadas polos de abaixo e que foran estimados e honrados como claros respecto daquelas.
-Comprendo queao que te refires é á xeometría e ciencias irmás.
-Comprende, entón, a outra parte do intelixible, cando digo que iso a razón mesma alcánzao co seu poder dialéctico, facendo hipóteses non como principios, senón como hipóteses reais, que son puntos de apoio e de partida para levala ao principio de todo ata o absoluto. Unha vez alcanzado ese principio, dedicándose de novo ás cousas quedependen dela, descenderá ata a conclusión, sen servirse en absoluto de nada sensible, senón das ideas mesmas, a través delas cara a elas mesmas, rematando con ideas.
-Comprendo, pero non suficientemente. Paréceme que o que dis é unha empresa importante, porque efectivamente queres determinar que é máis clara a visión do ser e do intelixible, adquirida gracias ao coñecemento dialéctico que...
Regístrate para leer el documento completo.