Comentario Prehistoria

Páginas: 5 (1180 palabras) Publicado: 3 de noviembre de 2012
Comentario nº 1 do mapa
Na primeira imaxe estamos ante un mapa histórico onde quedan reflexados os diferentes territorios conquistados polos romanos dende o ano 197 a.C ata as derradeiras conquistas arredor do 19 a.C.
Para poder facernos unha idea da situación inmediatamente anterior da Península Ibérica, é preciso recordar que antes da chegada dos romanos, había unha mistura de diferentespobos. Por un lado, estaban os Íberos, compostos polos gregos que habitaban no noreste (actual Cataluña e Aragón) e os fenicios que ocupaban a zona do Levante e o sur. Na zona noroeste tiña lugar a Cultura Castrexa, e limitando cos Pirineos estaban os Vascóns que era un pobo totalmente independente. No centro da Península estaban asentados os celtíberos, os cales tiñan influencias dos pobos europeose celtas. Non obstante, unha colonia fenicia do norte de África, que eran os Cartaxinenses, reveláronse contra a súa metrópole e conquistárona xunto con tódalas súas colonias, e polo tanto, asentáronse tamén na Península Ibérica. Inmediatamente despois, no Mediterráneo, un pobo guerreiro empezou a facerse con territorios por esa zona, chegando tamén a conquistar Grecia e as súas colonias. Estepobo eran os Romanos.
Os Romanos chegaron á Hispania (nome co que bautizaron á Península Ibérica) no 218 a.C. Xa viñeran de ter un conflito cos Cartaxinenses (tamén chamados púnicos) que desembocara na primeira guerra púnica, polo que ao coincidires ambos na Península, intentaron chegar a un acordo para non ter que comezar outra guerra, e aínda que ambos sabían que non o ían a respectar decidironrepartir a península de forma que a metade norte fose para os Romanos e a metade sur para os Púnicos. Así e todo, pronto as súas ansias por conquistar uns as terras do outro chocaron, e tivo lugar a segunda guerra púnica a cal a gañan os Romanos que van conquistando pouco a pouco Hispania e a base de exercer a forza.
Arredor do ano 197 a.C, podemos ver no mapa que os Romanos xa tiñan conquistadoo noroeste da Península, o Levante e o sur ata chegar a zona de Cádiz. Conquistaron, polo tanto, cidades tan importantes a nivel comercial coma Ampurias (antiga colonia pertencente ao Imperio Grego), Sagunto, Cartagena e Cádiz. Xa cara o ano 154 a.C, os romanos fóron penetrando máis cara ao interior chegando a conquistar a cidade de Zaragoza polo norte, e polo sur, conquistaron a metade do actualAlgarve portugués. Pouco a pouco os romanos ían conquistando máis territorios, polo que segundo a información do mapa, no ano 29 a.C, máis de cen anos despois, este pobo xa tiña conquistado toda a Península agás a zona de Asturias, Cantabria e parte do norte de Galicia, que foi posuída por eles finalmente arredor do ano 19 a.C. Como podemos observar, o Imperio Romano tardou case 200 anos enconquistar Hispania, e iso foi porque a conquista a levaron a cabo mediante a forza, loitas e guerras.
No segundo mapa que temos a continuación, observamos as provincias da Hispania, é dicir, as unidades político-administrativas nas que se dividía a Península para un control efectivo do territorio. Ademáis, tamén podemos observar que estas provincias se dividen á súa vez en Conventos, que eranunidades administrativas de carácter xudicial para a recadación de impostos e recrutamento de tropas. Estas á súa vez divídense en Civitas que eran núcleos urbanos que tiñan un territorio baixo a súa xurisdición.
De xeito que podemos ver que os romanos dividen a Hispania en tres provincias. A máis extensa é a chamada Hispania Citerior o Tarraconensis, que abarcaba toda a zona do Levante, o noroeste e onordeste ocupando a zona do río Douro. Nesta provincia podemos observar que se encontran outras subdivisións coñecidas co nome de conventos chamados: C. Tarraconensis (que ocupaba as actuais provincias de Girona, Barcelona, Tarragona, Castellón e Valencia) cuxa capital era Tarraco; C. Caesaraveustanus (que ocupaba Aragón, Navarra, parte do País Vasco e Guadalajara) cuxa capital era Caesar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentarios de historia del arte. prehistoria
  • Comentarios Prehistoria
  • comentario de láminas prehistoria
  • Comentario diapositivas de prehistoria
  • Comentario Prehistoria I Ped2
  • Prehistoria
  • Prehistoria
  • Prehistoria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS