Comentario sobre Informe do Real Instituto Elcano Hacia una renovaci n estrat gica de la
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Grao en Ciencias Políticas e da Administración
Política Exterior de España
Informe do Real Instituto Elcano: Hacia una renovación estratégica de la
política exterior española
Comentario de Brexio Vázquez Rodríguez
Curso (2013/2014)
O presente traballo ten como finalidade achegar unha visión crítica sobre oinforme do Real
Instituto Elcano, Hacia una renovación estratégica de la política exterior española. Centrarémonos
en refutar ó propio informe partindo da premisa de que é impensable unha política exterior
española debido ás tensións internas do país. Consideramos que son dúas as cuestións que temos
que defender: (1) a relación entre o consenso e o disenso dos gobernos españois e (2) a ausencia dunvencellamento entre a política exterior e interior do estado. Para elo, comezaremos o traballo cun
breve resumo a modo de introdución do informe, destacando tanto as súas virtudes como carencias
e, posteriormente, redactaremos un corpo crítico onde exporemos os argumentos arriba citados
1 Introdución
O informe do Real Instituto Elcano, Hacia una renovación estratégica de la política exterior
española,coordinado por Ignacio Molina, preséntasenos coma unha guía reorientativa da acción da
política exterior española. O documento, dividido en catro bloques, ubica primeiro a España no
contexto internacional. De seguido plantexa os obxectivos estratéxicos que se deben de perseguir; a
saber:
•
unha maior integración en Europa, avanzando na construción europea, mantendo a súa
cohesión interna e a súalexitimidade perante os cidadáns. Observamos un exceso de
europeísmo así como un positivismo cara as institucións europeas. Considerar Europa como
«actor global de referencia» e constituír á integración europea como «la principal apuesta
estratégica de la política exterior española»1 sen antes cohesionar a propia política exterior
do estado pode ser un grave erro.
•
avanzar na consecución dunhademocracia plena do século XXI , situando ó cidadán no
centro de atención das institucións e sobre todo favorecendo á institucionalización de
sistemas funcionais de gobernanza.
•
seguridade, defendendo ós cidadáns españois de agresións, terrorismo e outras ameazas para
a súa liberdade e benestar así como contribuír á paz e seguridade internacional.
•
competitividade e talento,promovendo unentorno internacional de estabilidade económica e
financeira, fomentar a internacionalización do sistema educativa, científico e tecnolóxico e
favorecer a competitividade das empresas.
•
responsabilidade, asumindo ás responsabilidades internacionais que lle correspondan a
España en materia de dereitos humanos, cooperación para o desenvolvemento e a loita
contra o cambio climático.
1MOLINA,Ignacio (COOR.) Hacia una renovación estratégica de la política exterior española, Real Instituto
Elcano, Madrid, 2014 p.48
2
•
influenza, reforzando a influenza internacional a través de relacións bilaterais. Neste senso
é destacable o papel que se lle outorga a Europa como núcleo da acción exterior e se deixa
nun segundo termo relacións bilaterais tan necesarias e mesmo interdependentes como conAmérica Latina e o Magreb. España podería garantir unha mellor situación no panorama
internacional pondo o foco da acción exterior nos países sudamericanos e no Norte de
África.
En terceiro lugar, expóñense os niveis e espazos de actuación, isto é, onde se insiren os eixes
xeográficos da política exterior. En cada zona (Europa, Magreb, Oriente Medio e África, América
Latina, Estados Unidos e oAtlántico, Asia e o Pacífico e o espazo global), sinálanse as grandes
prioridades de carácter rexional, as relacións bilaterais estratéxicas que España identifique e a
gobernanza rexional multilateral que postula en cada espazo para os ámbitos de seguridade e a
cooperación económica e comercial.
Por último, no derradeiro bloque sinálanse os instrumentos (diplomacia; protección e asistencia...
Regístrate para leer el documento completo.