comentario
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN
A nosa decantación polo tema deste traballo debeuse ás necesidades que presenta a poboación independente da terceira idade hoxe en día
A poboación do noso país está envellecendo aceleradamente debido ao descenso da natalidade e ao aumento progresivo da esperanza de vida. Tamén inflúe nesta evolución demográfica o acortamento da vidalaboral, con xubilacións anticipadas.
A raíz destes avances xurdiron novas problemáticas a ter en conta que se necesitaron cubrir, utilizando técnicas e espazos novos, como pode ser o tema do noso traballo, a animación sociocultural na terceira idade en tanto en canto axudará a administrar o seu tempo libre con actividades lúdicas que non son exclusivamente, para pasar o tempo libre, senón tamén paraenriquecerse a nivel persoal.
Desde iniciativas públicas (Ministerio, Consellerías, Concellos….) e privadas ( Residencias, obras sociais, asociacións, clubes, aulas da terceira idade, empresas…) estanse a desenvolver programas de animación e atencion ao tempo libre para este sector da poboación.
Consecuentemente, o propósito deste traballo radica na indagación das actividades que se desenvolvenpara este colectivo e da tarefa persoal que levan a cabo os profesionais dedicados a estes ámbitos. Pensamos que é importante o coñecemento a esta temática, posto que a poboación maior está aumentando considerablemente. Ante isto, é imprescindible a implantación dun sistema que lles permita escoller,con liberdade e autonomía, unha ampla gama de actividades.
Paralelamente, pensamos que este aumentoda poboación da terceira idade tamén presenta maiores saídas laborais para os profesionais do ámbito.
2. INTRODUCCIÓN
A vellez é a última etapa da nosa vida. Por vellez enténdese a última idade da vida. O Larousse indica que se trata “dunha pérdida da xuventude”. Esta definición é demasiado negativa na medida en que este período da existencia pode ser tamén a ocasión de adquirir ouafinar cualidades particulares. No envellecemento, segundo Choque S. Choque J (2000: pp.9-10) distínguense tres etapas:
O envellecemento biolóxico, é dicir, o proceso natural da relación da redución das capacidades funcionais dos órganos , unha das diminucións das capacidades (dende os 25 ou 30 anos).
O envellecemento fisiolóxico: as capacidades mnésicas, as facultades de aprendizaxe de tarefasnovas e a plasticidade intelectual diminúen se non se manteñen.
O envellecemento social: é un fenómeno descoñecido que fai referencia ó progresivo envellecemento da sociedade. Tamén se emprega o concepto de envellecemento demográfico, que designa o aumento da proporción de persoas anciás nunha poboación determinada.
Polo tanto, a vellez, que é unha etapa diferente á adolescencia e á adultez,como xa expusemos na presentación, xorden novas problemáticas a ter en conta. Comezan a perderse habilidades físicas e cognitivas, polo cal dificulta o día a día. A vellez constitúe unha etapa máis ligada á experiencia humana, a cal pode ser positiva para o desenvolvemento individual e social.
As persoas maiores son sensibles, pois pensan que son demasiado vellas e que posiblemente non sirvan paranada. Por isto debemos traballar a motivación, e potenciar que sexan axentes e protagonistas do seu propio desenvolvemento. Debemos pensar que eles necesitan unha ilusión para vivir. Os campos que deberíamos tocar durante o traballo con este sector son todos dende o cultural ata o lúdico, pasando polos campos psicolóxico, socioeducativo...
Ademais, nesta etapa aparece a xubilación, que comprendecambios moi significativos na vida dunha persona, na cal se desvincula das súas tarefas laborais, e supón unha das etapas máis importantes e problemáticas da súa vida.
Por unha banda, a xubilación, permite as persoas ter maior liberdade e tempo libre. Por outra banda, moitas persoas non saben que facer con ese tempo libre, polo cal se sinten inútiles ou apartadas da sociedade. Aquí é donde...
Regístrate para leer el documento completo.