Composición Sabela 2

Páginas: 7 (1716 palabras) Publicado: 20 de marzo de 2014
O reinado de Sabela II vai dende a morte de Fernando VII, en 1833, ata o derrocamento da raíña en 1868. Aínda que Sabela é a raíña durante todo o período, conta con dúas rexencias: a de María Cristina, 1833-1840 e a de Espartero, 1840-1843.Este reinado supuxo unha fonda transformación social, económica, política… producíndose a fin do Antigo Réxime e a implantación do liberalismo en España.
Osdocumentos propostos presentan un carácter histórico-político, agás o documento 2, que ten natureza xurídica ao ser un preámbulo constitutivo. Todos fan referencia a diferentes aspectos do reinado isabelino (carlismo, intervencionismo militar, forzas políticas…), situándose nun contexto anterior que se sitúa nos últimos anos do reinado de Fernando VII.
Pouco despois de nacer Sabela II, o seu pai,Fernando VII, derroga a Lei Sálica (introducida por Filipe V e que impedía reinar ás mulleres) coa chamada Pragmática Sanción, quedando Sabela como herdeira lexítima ao trono. Isto orixinou un conflito dinástico, pois os realistas xunto con Carlos Mª Isidro, irmán do rei, non aceptaban a medida sostendo que o lexítimo herdeiro debía ser Carlos. Posteriormente en 1833, ao morrer Fernando VII,Carlos reclama a coroa para si, mentres que a raíña María Cristina a reclamaba para a súa filla Sabela. Este choque de intereses desembocou na guerra carlista, que a pesares de producir unha división social e política, axudou ao afianzamento dos liberais no poder, xa que María Cristina, ao non contar co apoio dos absolutistas(seguidores de Carlos), tivo que apoiarse nos liberais para defender a coroada súa filla.
Ao carlismo e aos seus principios faise referencia no documento 1. Cando estalou a guerra carlista, diferenciáronse dous bandos. Por unha parte estaban os isabelinos,liberais a favor de Sabela II. E por outra os carlistas, defensores do absolutismo, do Antigo Réxime e dos dereitos ao trono de Carlos e opositores do liberalismo. Estes carlista, baixo o lema de “Relixión, Patria eRei”, basean nos seguintes puntos o seu programa político: inmobilismo, defensa da monarquía absoluta, tradicionalismo católico e a defensa dos foros vascos e navarros (feito polo cal foi moi respaldado nestas zonas). A todo isto, desenvolveuse en España unha guerra civil, que se desenvolveu durante a rexencia de María Cristina e que rematou posteriormente coa vitoria dos liberais, dirixidos poloprogresista Espartero. A guerra en si remata coa firma do Convenio de Vergara, mais prosigue ata 1840. Este tipo de enfrontamentos cos carlistas reitérase ao longo do século XIX, sendo un dos problemas máis recorrentes do reinado de Sabela II.
Paralelamente á guerra carlista, a vida política segue o seu curso. Cabe destacar, que tanto a rexente como Sabela, tentarán apoiar sempre gobernos moderados,posto que eran liberais por forza maior (os absolutistas apoiaban a Carlos) e entre progresistas e moderados, viron unha mellor solución en achegarse a estes últimos.Trala morte de Fernando VII, María Cristina é nomeada rexente debido á minoría de idade da súa filla, comezando así a primeira fase da súa rexencia. Esta caracterizarase polo retorno dos liberais exiliados na etapa anterior, a guerracarlista e unha serie de reformas liberais impulsadas polos gobernos da rexente. Nos inicios da rexencia é nomeado xefe do goberno Cea Bermúdez, o cal comeza a transición cara o estado liberal con reformas tímidas e pouco agresivas. Posteriormente, ante presións dos liberais, Mª Cristina nomea xefe do goberno ao moderado, Martínez de la Rosa. O seu goberno destaca por dotar á Coroa dun maior marcopolítico, destacando o Estatuto Real (1834). Este foi unha convocatoria moi moderada das Cortes , presentando trazos similares a unha Carta Outorgada. Con este, a Coroa renuncia a ter en exclusiva o poder, polo que o goberno pasa a ter máis poder. Máis o seu carácter moderado denótase en que o rei seguía tendo o poder de convocar e suspender as Cortes.
Máis tarde, en 1835 sucédense unha serie...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Composicion 2
  • Composición 2 Ejercicio 1
  • Sabelo!!
  • Composicion 2
  • Composicion arquitectónica 2
  • Composicion fotografica 2
  • composicion expo 2
  • COMPOSICIÓN DEL SUELO octubre 2

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS