Composición

Páginas: 5 (1091 palabras) Publicado: 21 de abril de 2013

Dous días despois de celebrarse as eleccións municipais, o 14 de abril proclámase a segunda república española.
A primeira etapa da república tamén chamada o bienio reformista abarca dende 1931 ata 1933. As eleccións son ganadas polos republicanos e socialistas por unha ampla maioría respecto o grupo que conforma a dereita (DOC1).
Primeiramente estes realizan cortes constituíntesonde designan a Alcalá -Zamora presidente e xefe de goberno a Manuel Azaña.O primer problema afrontado polo presidente da república xa fora debatido no pacto de San Sebastián. Cataluña reclamaba o propio estado catalán. A solución será acordar a creación dun goberno autónomo provisional .
Tras superar o primer problema deciden realizar a constitución no ano 1931 (DOC2). Esta será unhaconstitución democrática, reformista e de esquerdas. Basease nunha soberanía popular, na defensa dos dereitos individuais, no laicismo tanto na ensinanza como no estado en xeral, na autonomía rexional e local e na economía mixta onde existe propiedade privada e pódese expropiar. Antes da súa aprobación o 9/12/1931 discútense temas como o voto feminino defendido por Vitoria Kent, as relacións coa igrexa,pois esta oponse e radicaliza as súas posturas (prohíbense ordes relixiosas por desobediencia civil) fronte o laicismo imposto polo estado que pretendía rematar cos seus privilexios. Tamén se debate sobre o autonomismo de comunidades como Cataluña, País Vasco e Galicia.
Xa cunha constitución vixente durante o bienio progresista fanse varias reformas relacionadas ca igrexa nas que se inclúe adisolución da compañía de xesús, o divorcio ou a secularización dos cemiterios. Baixo o nome de lei Azaña tamén se inclúen reformas no exercito coma a redución do número de oficias, menos poder político, creación dos dereitos de retiro e ademais esixen xurar fidelidade á República. Hai un golpe de estado en Sanjurjo que fracasa. Tamén se levan a cabo reformas agrarias como explotación colectiva ereparto de propiedades e en concreto para aliviar a situación dos xornaleiros andaluces tomaranse medidas coma xornadas de oito horas, lei de intensificación de cultivos,etc... Por outro lado tamén hai unha reforma educativa onde se levan a cabo programas para o ensino a todos os niveis gratuíto e obrigatorio, o que consegue reducir o analfabetismo e formar cidadáns libres capaces de levar acabo a modernización do país.
Todas estes cambios fixeron que o goberno se atopara con dificultades e conflitos cós militares (Sanjurjo) e cos obreiros( descontento da UGT,...) pero o suceso de Casas Viejas , onde hai duros enfrontamentos, pois os habitantes proclamaron o comunismo libertario, será o suceso definitivo para que o presidente Zamora convoque eleccións xerais.
Estas elecciónsconvocados en novembro de 1933 son gañadas pola CEDA de Gil Robles, do partido radical de Lerroux que será nomeado xefe de goberno. Esta vitoria das dereitas é aplastante fronte a esquerda (DOC1) e débese a varios motivos como a reorganización das dereitas en fascistas, autoritarios e partidos da dereita tradicional e tamén as divisións na coalición de goberno polo ocorrido en Casas Viejas, etc…
Apolítica levada a cabo pola CEDA e as cales serán as primeiras medidas que levará a cabo xa no goberno corresponden a unha política rectificadora, é dicir, é unha paralización xeral da lexislación reformista (DOC3). As medidas que confiren esta política son tales como a paralización do proxecto das autonomías e da educación, empeoran as condicións de vida dos xornaleiros, amnistíase aos presos,…
Contodo isto xorde a “alianza obreira” de esquerdas e aumentan as folgas e conflitos. En outubro de 1934 a CEDA co fin de apoiar o goberno de Lerroux entran 5 ministros. A esquerda o ve como un perigo para a república e tómase medidas como convocar unha folga xeral, proclámase o estado catalán e hai unha revolución en Asturias. Nesta revolución os obreiros ocupan os medios de produción e o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Composicion
  • Composición
  • Composición
  • Composicion
  • Composicion
  • Composicion
  • composicion
  • la composicion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS