cono
Páginas: 13 (3186 palabras)
Publicado: 19 de febrero de 2015
Ciencias da Natureza 3
Programación
Unidade 1
1. Presentación da unidade
2. Obxectivos didácticos
3. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables
4. Selección de evidencias para o portfolio
5. Competencias: descritores e desempeños
6. Tarefas
7. Estratexias metodolóxicas
8. Recursos
9. Ferramentas de avaliación
10. Medidas para ainclusión e atención á diversidade
11. Autoavaliación do profesorado
Primaria · Ciencias da Natureza 3
Unidade 1
1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE
Título
Os seres vivos. Os animais.
Descrición da unidade
O primeiro bloque de unidades deste curso de Ciencias da Natureza dedícase ao estudo dos
animais, seguindo unha secuencia que discorre desde as características xerais do reino
animal, aclasificación en vertebrados e invertebrados e o papel dos seres humanos en relación
cos animais. Nas tres unidades podemos partir dos coñecementos previos e da motivación do
alumnado á hora de describir tanto animais do seu ámbito próximo coma doutros máis exóticos.
Preténdese fomentar unha ollada científica e ordenada dos feitos naturais, así como a
adquisición dun vocabulario rico que permita adescrición, a análise e a dedución.
• Na unidade, partimos da gran variedade de seres vivos e dos diferentes medios nos que
habitan, para continuar coas características que diferencian os seres vivos dos non-vivos.
• Unha vez fixados os coñecementos sobre os seres vivos, abórdase o estudo do mundo
animal a través de contidos como a caracterización e a clasificación segundo a súa
alimentación,a súa reprodución e o seu aparato locomotor.
A través das diferentes actividades propostas na unidade, preténdese que os alumnos e as
alumnas adquiran os coñecementos seguintes:
• Os tipos de seres vivos que hai na Terra.
• As funcións vitais.
• As características dos animais.
• A clasificación dos animais.
• O respecto pola natureza.
Temporalización:
Setembro:
Outubro:
2.OBXECTIVOS DIDÁCTICOS
• Coñecer os diferentes tipos de seres vivos que hai na Terra, e especialmente, os animais e
as plantas.
• Describir, de xeito moi sinxelo, as funcións vitais, para diferenciar os seres vivos das cousas
non-vivas a partir do seu coñecemento.
• Recoñecer un animal polas súas características xerais e clasificar animais segundo a súa
alimentación, reprodución e aparatolocomotor.
• Desenvolver pautas para aprender a valorar a importancia de todos os seres vivos.
• Coñecer e utilizar elementos e estratexias matemáticas, e TIC para resolver problemas e
investigar sobre os seres vivos e, en especial, os animais.
• Comprender informacións e adquirir vocabulario sobre os seres vivos para expresar
coñecementos de forma oral e escrita.
2
Primaria · Ciencias daNatureza 3
Unidade 1
3. CONTIDOS DA UNIDADE - CRITERIOS DE AVALIACIÓN - ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE AVALIABLES
Contidos
• Aproximación á clasificación
dos seres vivos por reinos.
• Seres vivos acuáticos e
terrestres.
• As funcións vitais e o seu
significado.
Criterios de avaliación
1. Coñecer distintos grupos
de seres vivos,
especialmente de animais
e plantas, e describir de
xeitosinxelo as funcións
vitais.
• Características xerais dos
animais.
• Ideas de fauna dun lugar.
Os medios acuáticos e
terrestres.
• Necesidades dos animais.
Características corporais
dos animais dos distintos
medios.
• Clasificacións. Criterios e
distintas clasificacións de
animais: pola súa
alimentación, polo seu
esqueleto e polo seu
desenvolvemento
embrionario.
• Utilización einterpretación
de láminas e debuxos, e
outras informacións para a
identificación de animais e
das súas características, e
para a súa clasificación.
• Elementos e características
dun acuario, e a relación
entre todos os seus
elementos.
1.1. Identifica e nomea
animais e plantas.
Coñece a existencia de
grupos de seres vivos
que non son animais
nin plantas, e nomea
algúns exemplos....
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.