Conta Saldada
FICHA TÉCNICA:
TÍTULO. Conta saldada
AUTOR/A. Suso de Toro
EDITORIAL. Alfaguara/ Obradoiro
XÉNERO. Narrativa
LOCALIZACIÓN ESPAZO−TEMPORAL.
Os feitos acontecen en Galiza, na década dos noventa. A historia transcorre durante apenas unha semana.
PERSONAXES.
PRINCIPAIS.
Catuxa, é a filla do xestor asasinado, de dezasete anos é unha moza formal e estudosa,que vive coas
comodidades que o seu nivel económico lle brinda. Amosa transtornos psicolóxicos trala morte do seu pai.
Destaca o cambio de actitude e personalidade que sofre ao longo da historia, ela mesma identifícase con
Hamlet, un protagonista dunha novela de Shakespeare.
Xermán, é o suposto irmán de Catuxa, ten uns poucos máis anos ca ela. Non vai moi ben no colexio, fuma, e o
ambiente noque se move ten un ton de delincuencia e marxinalidade. Cun andar fachendoso e arrogante
pretende disimular as súas carencias.
SECUNDARIOS.
A nai de Catuxa, profesora nun instituto cercano. A relación co xestor enfriárase nos últimos anos de
matrimonio, mais a súa morte afectoulle profudamente.
Begoña, a mellor amiga de Catuxa, mantiñan unha relación de amizade moi acentuada, mais tralosúltimos
acontecementos Catuxa vaise afastando dela e comeza a ocultarlle cousas.
O xestor, foi asasinado por invertir cartos dalgúns clientes sen consentimento previo. Nunca tivera moita sorte
con ese tipo de negocios, era, nese aspecto un pouco temerario e inmaduro. Quería moito a Catuxa, tratábaa
coma unha reina. Por outra banda estaba moi ivolucrado no seu traballo co que pasaba pouco tempo nacasa
coa familia, feito que o distanciou da súa esposa.
Cabuxo, era un vello que se adicaba ao contrabando na Illa de Arousa, parte do capital que o xestor invertira
de xeito negativo era del. A súa muller, Carmucha, sofría desequilibros mentais.
Cotelo, era dono dun restaurante na ría de Arousa. Foi o asasino do pai de Catuxa.
Castiñeiras, era dono doutra xestoría, e foi quen lle levou osclientes ao outro xestor trala súa morte. Foi
copartícipe do homicidio deste. Catuxa repugnáballe que a sobara sempre que se atopaban, coa excusa de
darlle o pésame.
ARGUMENTO.
Catuxa é unha rapaza de case 18 anos, á que pouco tempo despois lle morreu o pai, supostamente a causa dun
suicidio. Catuxa sente morriña e de vez en cando visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas secretasaparéceselle o seu difunto pai. Este vén despedirse dela, ademais de confesarlle que ten outro irmán do que a
nai non sabe nada, e encoméndalle entregarlle un talón de cartos. Por outra banda, desvélalle un feito
impactante: el non se suicidou, senón que o asasinaron uns clientes seus por invertir os seus cartos sen
consentimento deles.
Ante todo isto a Catuxa mestúraselle unha chea desentimentos e pensamentos na cabeza que a deixan
cavilando, e comeza a ver a realidade desde outra perspectiva.
Decide ir, ao día seguinte, na procura do seu suposto irmán, o nome do cal é Xermán. Mais non lle dá o talón
así como así, senón que o extorsiona dicíndolle que se lle axuda a vingar a morte do seu pai entregaralle o
devandito talón. Xermán, que non vive con demasiados luxos, non tardamoito en aceptar a proposta. Pero
antes confésalle que non é irmán seu, que todos estes anos a súa nai empregouno para sacarlle cartos ao pai de
Catuxa. Para saíren de dudas deciden facerse unha análise de sangue que o confirme. Tras pechar os
preparativos quedan en chamarse ao pouco tempo.
Cando chega á casa, Catuxa cambia o seu peiteado, o calzado, mesmo a forma de actuar, pois falta aalgunhas
clases e comeza a mentir dun xeito natural, soltando troula tras troula.
Aos poucos días Xermán chámaa para contarlle que xa ten todo o material; e cítanse ao día seguinte pola
mañá cedo.
Cando Catuxa o ve ao lonxe, decátase sorprendida de que conseguiu rescatar a súa bicicleta que días atrás lle
roubaran no barrio de Xermán. Como os asasinos de seu pai viven na Ría de Arousa deciden...
Regístrate para leer el documento completo.