CONTEXTO BARROCO

Páginas: 5 (1169 palabras) Publicado: 2 de mayo de 2015
CONTEXTO BARROCO
S. XVII (pode prolongarse durante o XVIII)
Época conflitiva, de confrontación (Guerra dos 30 anos). Intolerancia relixiosa (Reforma/Contrarreforma), guerras, crises sociais e económicas nalgunhas zonas. Arte ao servizo do poder ou da transmisión de ideoloxía (palacios reais; instrucións de Trento sobre o uso da arte para achegar a relixión ao pobo e conmovelo; uso da mitoloxíaou doutros recursos artísticos para enxalzar a figura do soberano). Auxe do coleccionismo. Sistema político da época: absolutismo (arte ao servizo do poder como propaganda)

Italia:
Gran desenvolvemento da cidade de Roma. Afirmación do poder do Papado, un dos puntos cuestionados pola Reforma (= San Pietro do Vaticano. Para a súa construción predicáronse as Indulxencias que provocaron a reacción deLutero); desenvolvemento das ordes relixiosas, que enchen a cidade de templos . A arte pon de relevo o poder temporal da Igrexa, a súa riqueza (outro aspecto criticado pola Reforma). Papas e Cardeais constrúense luxosos palacios, cheos de obras de arte (Apolo e Dafne). A Igrexa é o cliente principal. Os cadros de altar han de axustarse aos criterios de Trento sobre a arte; algunhas obras deCaravaggio foron rexeitadas por indecorosas (Tránsito da Virxe).
España:
Época dos Austrias menores (Felipe III, Felipe IV e Carlos IIguerra de sucesiónborbóns): decadencia do Imperio. Férreo control inquisitorial, total protagonismo do relixioso na arte. A Igrexa é o cliente principal (cadros de altar, imaxes de culto, procesionais...). Vinculación con Nápoles (Zurbarán, Murillo) (Vinculaciónpictórica con Nápoles porque Nápoles e Sicilia pertencen ao imperio español. Inflúe moito na arte española)

Coleccionismo real (Felipe IV). A súa posición permítelle ignorar os criterios artísticos da Inquisición (pouco interese polos temas relixiosos; en cambio, temas mitolóxicos, espidos...) Status dos artistas: asimilados a artesáns. Intentos de Velázquez de acceder ao estamento nobiliario(Meninas). 

Crise económica e social (estalido revoltas populares por problemas de subsistencia; fame, miseria). 
Economía atrasada, de base, pouco desenvolvemento comercial. Sociedade atrasada (señorial), predominio de nobreza e clero. A mentalidade destes estamentos favorece os investimentos non productivos, senón dirixidos a obter prestixio: a riqueza petrifícase na construcción de igrexas e pazos (Oideal é ser nobre. Para ser nobre: un non traballa, non se dedica a traballos materiais e que a súa familia/davanceiros tampouco o fai. Un comerciante rico, en canto deixa de ter cartos deixa de traballar, compra terras, un pazo e fai relacións. A riqueza petrifícase. En cambio nos países calvinistas ocorre o contrario-->nestes países xorde o capitalismo). Isto é notorio en Galicia, onde hai un granauxe constructivo, desde mediados do XVII, que aumenta no XVIII. Coincide cunha época de alza demográfica relacionada coa extensión do cultivo do millo. Gran importancia do clero na sociedade galega (controla a mallor parte das rendas agrarias); o bispo de Santiago é o señor feudal máis importante; os seus ingresos proceden, ademáis das propiedades e vasalos, do dezmo e dun imposto especial(contribución do Voto de Santiago). Auxe da cidade de Santiago (renovación de Santiago), có obxectivo de potenciar o seu carácter de centro de peregrinacións, con numerosas construccións de igrexas e conventos (Simón Rodríguez: Fachada do convento de Santa Clara, 1719). Renovación barroca da basílica e o seu contorno (Domingo de Andrade Torre do reloxo, 1680: Fernando de Casas Novoa Fachada doObradoiro, 1738-1750). O culto a Santiago e as Peregrinacións xa non teñen tanta importancia no contexto internacional, pero sí no español (patrón de España, ligado á monarquía, no aspecto de "Santiago matamoros"; obtención de donacións reais para o engrandecemento da Basílica).
Importancia da tradición realista na cultura española, desde a Idade Media; novela picaresca. 

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Contexto Hist Rico Del Barroco
  • Contexto De La Poesia Barroca
  • Contexto histórico del barroco
  • contexto histórico barroco
  • Literatura del barroco. contexto histórico.
  • Contexto Historico Y Cultural Del Arte Barroco
  • Contexto social del barroco en españa
  • Contexto historico del barroco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS