Corazón, memoria e tempo

Páginas: 2 (487 palabras) Publicado: 31 de mayo de 2010
CORAZÓN, MEMORIA E TEMPO
Gabriel Rei-Doval
O Corazón Portugués de Ramón Loureiro constitúe unha infrecuente e suxestiva invitación a entrar no mundo alegórico e emocional das terras deEscandoi e mailo seu espello ‘real’ de Ferrol e comarca, desde Sillobre ata Mugardos e desde o Castelo da Palma ata o peirao de Barallobre. Para min, mentres escribo estas liñas desde Oxford, este libro étamén unha invitación a recupera-la memoria, os ambientes e os sentimentos dunha paisaxe, por veces próxima, por veces imaxinaria, que fai esquecer un mundo cheo de balbordo e esquemas ríxidos.Ramón Loureiro estanos a invitar coa súa prosa fácil e áxil a conectar coa Voz sen nome, esa que ocultan as preocupacións do día a día e que buscamos, por veces ansiosamente, nas escuras noites deinverno. Non quere isto dicir que a súa sexa unha literatura plana ou ausente de matices. Pola contra, intégranos nun mundo onde conviven pantasmas e personaxes da rúa, nun imaxinario onde o real e omáxico se funden nunha fonda e longa aperta de trinta capítulos.
Ademais do morgado Marqués de Escandoi, que vertebra a obra de comezo a fin nun nivel a medio camiño entre a lenda, a historia e arealidade, chama fortemente a atención o Maratonista, ese personaxe que nos achega á realidade máis inmediata, ás tensións da vida diaria e á carreira como terapia. Ese personaxe que percorreinexorable e conscientemente as noites da Ferrolterra lembrándono-lo poder do traballo e a constancia como porta para acceder á maxia desde a realidade ‘ordinaria’.
É tamén o libro de Loureiro unhainvitación a valorar e recupera-los valores humanos, tan magoados e esquecidos hogano, e a loitar, desde a serenidade, pola súa dignificación. Entre eses valores, cobra especial importancia o mundodesaparecido da infancia e mailas ensinanzas dos maiores, cheas sempre de saudades e anhelos dun mundo fisicamente desaparecido, pero presente na emoción que, máis ou menos gardada, fica nalgún lugar da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Temp
  • Temp
  • Tempo
  • tempo
  • Tempe
  • Temp
  • Tempos verbais
  • Regulador De Temp

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS