Crisis

Páginas: 2 (474 palabras) Publicado: 19 de febrero de 2013
TEXTO ARGUMENTATIVO
A crise económica global está a servir para que todos pensemos dúas veces as cousas antes de tomar decisións. De catro anos para aquí nós, os adolescentes, que temosexperimentado unha etapa de prosperidade, na que cun cruce de miradas cos nosos pais víamos satisfeitos os nosos desexos, cambiamos a percepción do mundo que nos rodea. Agora xa non é o que era. Algúns aprenden aasimilalo mellor que outros, pero case todos comprendemos que a situación mudou e que temos que nos facer á idea de que xa non dispoñemos de tantos cartos coma noutros tempos. A crise da que tantooímos falar ten os seus efectos positivos na concepción que temos agora as persoas sobre o consumismo; claro está que a nosa posición é de temor fronte á crise e manexamos con moito máis tino as nosascompras e controlamos mellor o noso ímpeto cando imos a un centro comercial.
Para defender esta tese, podemos axudarnos dunha gran variedade de exemplos. No momento de saír para ir ao cinema ousimplemente para dar unha volta cos amigos, miramos moito máis polo noso peto, tentamos non gastar moito e canto máis poidamos aforrar, mellor que mellor. Os adolescentes decatámonos de que temos queestudar moitísimo e dar o trescentos por cento de nós para atopar un emprego; e sabemos que só con iso non chega, tamén precisamos un anaco de sorte.
Por toda esta nova idea de aforro que está empezando axurdir entre as mentes xuvenís e polas prevencións que nos fan os experimentados, temos sempre un ollo posto nas mellores ofertas e nos mellores descontos. O importante non é vestir coas melloresroupas nin mercar os máis luxosos zapatos; endexamais soemos mercar algo que nos leve a pagar moito máis do que pensabamos. O que todos buscamos é mercar algo barato e bonito que se di, é dicir, que chamea atención pola súa beleza e non polo seu prezo impagable.
Gustaríame concluír pensando que a crise globalizada non só está a valer para que a xente se quite a vida por non poder pagar a hipoteca...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Crisis
  • Crisis
  • Crisis
  • Crisis
  • crisis
  • la crisis
  • crisis
  • crisis

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS