Critbioloset15

Páginas: 6 (1384 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)
CONVOCATORIA DE SETEMBRO.
Curso 2014.2015
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
BIOLOXÍA
(Cód. 21)
OPCIÓN 1
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Cal é a natureza química das enzimas? Represente gráficamente e explique a relación entre a velocidade dunha reacción
enzimática e a concentración de substrato. Que é o centro activo da enzima? Que é uninhibidor enzimático?
Natureza proteica. Poden conter un compoñente non proteico.

(0,2p)

Representación gráfica e explicación
(0,8p)
Ao incrementar a concentración de substrato, a velocidade da reacción tamén aumenta, ata
chegar a un límite que se corresponde coa velocidade máxima (saturación da enzima).
Valorarase a explicación de todos os termos que aparecen na gráfica.

Centro activo: É o lugarda enzima onde se une o substrato e se leva a cabo a catálise

(0,5p)

Inhibidores enzimáticos:Substancias que interactúan coa enzima reducindo ou anulando a súa capacidade biocatalítica.(0,5p)
2 Identifique o tipo de célula representada na Figura 1. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1 ao 7.
Célula eucariota vexetal

(0,25p)

1. Aparello de Golgi: glicoxilación de lípidos eproteínas, maduración de proteínas.
2. Cloroplasto: fotosíntese
3. Mitocondria: respiración celular
4. Vacúola:Almacenamento, responsable da turxencia celular
5. Cromatina: Información xenética
6. Nucléolo:Síntese de ARNr e formación dos precursores ribosomais
7. Parede celular: Rixidez
Calquera función correcta é válida
Identificación das estruturas 0,1p; funcions 0.15p

3 Explique en que consiste aherdanza intermedia e a codominancia. Poña un exemplo de cada tipo de herdanza e realice os
cruzamentos indicando os xenotipos e fenotipos das liñas parentais e a F1
A herdanza intermedia cando un alelo domina incompletamente sobre outro, de forma que o heterocigoto expresa un fenotipo
intermedio.
Ex, plantas de Don Diego de noite. Hainas de flores vermellas (RR) e de flores brancas (BB). Candose cruzan unha planta de
flores de cor vermella (RR) cunha planta de flores de cor branca (BB), xéranse heterocigotos con flores rosas (RB). Non existe
dominancia completa de ningún dos 2 alelos.
(1p)
No caso da codominancia, dous alelos son codominantes cando, ao estar xuntos nun par alélico, se expresan os dous e o
fenotipo resultante presenta as características de ambos os alelos.
A
B
Ex. osgrupos sanguíneos ABO. Está controlado por 3 xenes: I que determina a presenza do antíxeno A nos eritrocitos; I que
0
Ae B
determina a presenza do antíxeno B nos eritrocitos e I que non expresa ningún antíxeno nos eritrocitos.I I son codominantes
entre si e Io é recesivo con respecto aos outros 2. Cando o xene IA e o xene IB están ambos presentes, o individuo amosa o
fenotipo cos antíxenos A e Bsimultaneamente
(1p)
4 Que é un microorganismo? Realice unha clasificación dos principais grupos de microorganismos, pondo un exemplo de cada
un deles. Expoña dúas características importantes de cada grupo.

Son organismos que só poden ser vistos ao microscopio

(0.4p)

Características

(0.4x4)

Bacterias. Ausencia de núcleo, parede celular bacteriana, nutrición autótrofa ou heterótrofa. Bacilo deKoch , E. coli.
Algas unicelulares.. Cloroplastos, parede celular, nutrición autótrofa. Chlorella, Diatomeas.
Protozoos., Nutrición heterótrofa, sen parede. Plasmodium.
Fungos unicelulares. Nutrición heterótrofa. Parede celular. Penicillium, Sacharomyces

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
Os xabóns sonsales dos ácidos grasos
Os telómeros son as rexións terminais dos cromosomas
A inmunodeficiencia favorece a aparición de infeccións no organismo
Na telofase rexenérase a envoltura nuclear en torno ao material xenético
O peroxisoma conten catalasa que presenta actividade oxidasa.
1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS