Cuento
Había unha vez, no pintoresco Reino Cirola, un Rei chamado Mandarino II, que vivía alí coa súa filla, a Princesa Fresa. O Rei non se atopaba moi ben de saúde e paraasegurar a continuidade do seu reino decidiu casar a súa filla. Para iso, estableceu sete probas de actitude que unicamente o indicado sería capaz de superar.
Nas probas, os candidatos terían queamosar a súa forza, valentía, disposición, lealdade,lóxica,intelixencia e riqueza.
Antes do comezo da competición o Rei Mandarino II decide mandar á Princesa Fresa cos seus tíos ao Reino Tulipán. Alípasaría a semana na que se levarían a cabo as sete probas no Reino Cirola, unha cada día, co fin de que non interferira na competición.
A lista de candidatos non era moi longa, soamente se presentaroncinco rapaces: dous irmáns, fillos dos Condes Pistacho; e outros tres irmáns Alecrín, que se dedicaban á crianza de unicornios.
O día da competición chegou, e comezando con rigoroso orde, comeza oluns coa primeira proba, a de forza.
Esta consistía en loitar e vencer a un troll. Xa nesta primeira proba o maior dos irmás Alecrín foi derrotado, deixándolle o posto ao gran indicado.
Na segunda dasprobas deberían amosar a súa valentía, polo cal o Rei ordenou que deberían cruzar un río no que habitaban monstruosas criaturas de grandes garras e cairos. Un dos irmáns Pistacho para facer estaproba, decidiu contratar a un profesional que se disfrazara e fixera a proba por él. Por sorte, ninguén se decatou e non houbo ningún derrotada.
O terceiro día, o mércores, se correspondería coa proba dedisposición. Para demostrar a disposición que tiña cada un, deberían realizar tarefas cotiás no castelo, como limpar e sacudir as alfombras reais, fregar os 17 baños, poñer a mesa, preparar Pato à l´orange, o favorito da Princesa Fresa, e por último, fregar a louza. Nesta proba, caeu eliminado o fillo maior dos Condes Pistacho, que por non manchar as mans negouse a realizar as tarefas.
Nas...
Regístrate para leer el documento completo.