Cuento
aquela moza que soñaba cunha vida tranquila xunto á súa familia, sen grandes
grandes luxos, pero sen preocupacións? Daquela moza só queda unha mirada triste,
só queda unha mirada porque Lucía está tan delgada xa, que destacan máis os seus chorosos ollos que o resto do seu corpo; que non é máis que un chuchado saco de
ósos. Pero iso a ela non lle preocupa e pasa días enteiros sen comer para poder
mercarlles un mísero agasallo ós seus fillos, ós que moitas veces non lles pode dar
nada para que leven á boca. A quen quere enganar? Nin deixando ela de comer ten
diñeiro para a hipoteca, fai horas extras pero canto máis traballa, menos lle pagan. Na mesma proporción na que os seus cartos diminúen aumentan as débedas pendentes
do home que a abandonou nada máis quedar embarazada do seu segundo fillo. Co
aumento das débedas veñen como consecuencia os lamentos e o sentimento de
culpabilidade por non ter estudado, pero non é ela a que debe levar esa carga moral ás
costas, pois, a pesar de non rematare ningún tipo estudos, levaba traballando dende os dezasete anos , cando trouxo ó mundo o seu primeiro fillo. E agora igual que entón
Lucía non sabía facer outra cousa que limpar, así que seguía a traballar niso. Pero
dende o comezo da crise económica pasaba incontables horas ó día limpando bares,
discotecas e salas de festa para saír adiante, hai dous anos que está sen contrato e
por tanto sen seguridade social e cun salario ínfimo. Se cincocentos euros non dan para pasar un mes podedes imaxinar os malabares que tiña que facer a muller para
alimentar os seus dous fillos con apenas trescentos. Atopábase nun túnel, un túnel
escuro e que parecía non ter saída. Cada día que pasaba, a situación empeoraba
crecentemente, os aforros esgotáronse. Comezou a perder peso. A comida barata tiña
un prezo demasiado alto para alimentar tres bocas e os seus fillos eran o primordial. É irónico, non? A persoa que limpa as festas e que lonxe lle quedan a ela...! Tan lonxe e
tan cerca disto, igual que o estivo de ser feliz. Sempre loitou por saír adiante
conformándose con apenas nada para que un pouco fose xa demasiado, sen egoísmo
e dándollelo todo a persoas que hoxe teñen un fogar e non lle dan un mísero euro.
Ben, é certo que Lucía sempre tivo dignidade e a pesar dos apuros que sofre, nunca se atreveu a mendigar un duro. Sempre viviu do seu traballo, pero a simple vista notábase
que necesitaba axuda. Porén a axuda non chegou e nunca chegaría. Sen familia e
cuns amigos egoístas atópase soa nun mundo onde a caridade só é un disfrace. Está
soa e non ten valor para dicirlles ós seus fillos que cando remate o mes non terán onde ir. Nunha situación como esta o lóxico, ou máis ben o politicamente correcto, sería que
o Estado intentase favorecer a familia, pero non foi así e mentres os ricos se
enriquecían máis Lucía empobreceuse ata chegar a un nivel de vida inferior ó
terceiromundista. Xa non sabía que facer para darlles de comer ós seus fillos. O tempo
esgotábase e probou todo tipo de traballos, tanto legais coma ilegais. Pero para unha persoa cuns valores morais como os dela non é posible vender o seu corpo, porque se
algo tiña claro e que morrería de fame antes de prostituírse. Si, é incrible, aínda quedan
persoas que teñen por diante do diñeiro a súa integridade tanto física coma moral. E
así, entre dilemas sobre se elixir diñeiro fácil ou dignidade, os días pasaron. Pero as
cousas non melloraron en nada,e unhas semanas despois a alimentación de Lucía baseábase en antidepresivos e barbitúricos, cando os había. Os seus fillos
preguntaban por que a súa a nai estaba aínda máis delgada do que sempre estivera,
pero a esa pregunta non había resposta posible. Seguía a traballar onde podía e canto
podía, porque sen apenas comer as forzas fallábanlle. Xa non a querían en ningún ...
Regístrate para leer el documento completo.