Cuestiones Timologicas

Páginas: 46 (11407 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2013
DANIEL NAVARRO FUENTES 1º A
CUESTIÓNS: Kant, Fundamentación da metafísica dos costumes (1785).
Que debo facer?. Debo actuar por deber.

Prólogo:
En qué ciencia se dividía a filosofía grega? Física, ética e lóxica
Diferenza entre coñecemento formal e material. Coñecemento formal: Ocúpase da forma do entendemento, da razón mesma e das regras universais do pensar en xeral, sendistinción de obxectos. A filosofía formal chámase lóxica.
Coñecemento material: Ten como referencia determinados obxectos e ás leis a que estes están sometidos, que a súa vez se dividen en dúas: Leis da natureza (teoría da natureza)-(física), e leis da liberdade (teoría dos costumes)-(ética).
División das ciencias.

| | Filosofía empírica | Filosofía A priori (pura)|
Filosofía formal | Lóxica | ------------------------ | Lóxica |
Filosofía material | Física | Física empírica | Metafísica da natureza |

Ética | Antropoloxía práctica | Metafísica dos costumes |

Por qué metafísica dos costumes?
Co obxecto de elaborar unha filosofía moral pura, limpa de todo canto poida ser empírico e pertencente áantropoloxía. As leis morais non deben buscarse na natureza do home ou nas circunstancias do universo onde está, senón a priori, exclusivamente en conceptos da razón pura. A lei moral, na súa pureza e lexítima esencia non pode buscarse mais ca nunha filosofía pura, polo que esta metafísica deberá, pois, preceder, e sen ela non poderá haber filosofía moral algunha, xa que aquela filosofía quemestura eses principios puros cos empíricos non merece o nome de filosofía, e moito menos o de filosofía moral porque xustamente con esa mestura dos principios menoscaba a pureza dos costumes.
Averigua o significado de a priori en Kant.
A priori: coñecementos absolutamente independentes da experiencia (polo que tamén se chaman puros) que pertencen á estrutura mesma da razón. Por ser loxicamenteanteriores á experiencia, son universais e necesarios. A ciencia aplica coñecementos a priori á información procedente da experiencia, dotándoa así, da necesidade e universalidade propias das leis naturais. Son a priori as formas puras da sensibilidade (espazo sensibilidade externa e tempo sensibilidade interna), os conceptos puros do entendemento (categorías) e as ideas da razón (Deus,inmortalidade e liberdade).
(Internet) A priori: Os elementos, principios, estruturas ou coñecementos que non teñen unha orixe empírica posto que descansan na natureza da propia razón.
Un dos obxectivos fundamentais da filosofía kantiana é a comprensión da existencia do a priori; no ámbito do coñecemento, os coñecementos sintéticos a priori que creu atopar nas matemáticas e na física de Newton; no ámbitoda moral, os mandatos a priori, incondicionais ou absolutos, como é o caso dos imperativos categóricos.
- Coñecemento a priori: coñecemento independente da experiencia e que descansa na propia facultade de coñecemento. Posúe verdadeira universalidade e estrita necesidade.
O propio Kant sinala na introdución á “Crítica da Razón Pura” que esta expresión é un tanto inexacta pois ás veces dicimos quesomos capaces de obter a priori algúns coñecementos que, sen embargo, derivan de fontes empíricas. Estes coñecementos non os derivamos inmediatamente da experiencia, pero si dalgunha regra universal que descansa, non obstante, nela. Ex: Se quitamos os cimentos da nosa casa poderemos saber a priori, antes de que iso aconteza, que a nosa casa vai caer. Mais, isto non é enteiramente a priori postoque precisamos saber, por experiencia, que os corpos pesados caen. En conclusión, entende por coñecemento a priori aquel que é absolutamente independente de toda experiencia, non de esta ou aquela experiencia.
A necesidade e a universalidade estrita son criterios seguros de coñecemento a priori e están inseparablemente ligados. Kant creu que as matemáticas e a física pura (os principios da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • cuestion
  • Cuestion
  • cuestión
  • cuestion
  • Una cuestión de Estado
  • CUESTIONES
  • Cuestiones
  • cuestiones

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS