culo

Páginas: 5 (1004 palabras) Publicado: 10 de junio de 2013
A FORMACIÓN DO GALEGO
A historia das orixes do galego ata que se constituíu como lingua á par do resto dos romances fillos do latín (arredor do século IX) pode dividirse en tres grandes fases: o substrato prerromano (contribucións das linguas anteriores ao latín), a romanización (ou latinización, que constitúe a base da nosa lingua) e o superestrato (achegas posteriores dos pobos xermanos e dosárabes).
O substrato prerromano
Aínda que se coñecen poucos datos, poden distinguirse dúas grandes presenzas lingüísticas previas á latinización: unha de tipo preindoeuropeo e outro de tipo indoeuropeo.
Preindoeuropeo
As súas raíces remóntanse ao neolítico e mesmo ao paleolítico. Na época prehistórica, no noroeste peninsular existiron pobos de etnias e linguas diversas, que foron nómadesdurante o paleolítico e sedentarios no neolítico.
Corresponden a este substrato un conxunto de voces orixinarias das linguas faladas na Península Ibérica antes de producirse a súa indoeuropeización. Algúns exemplos de palabras procedentes destas linguas son: carrasco, amorodo, sapo, toxo e veiga.
Indoeuropeo
Xa polo ano 800 a.C. tense constancia da entrada dun pobo (ou grupo de pobosemparentados) procedente do centro de Europa. Falaban unha lingua indoeuropea relacionada co celta, polo que reciben o nome de paraceltas.
Sobre o ano 600 a.C., estableceuse no norte e no occidente da Península Ibérica a segunda e principal vaga de pobos celtas. O seu idioma era irmán das linguas célticas faladas hoxe en Bretaña, Irlanda, Gales ou Escocia.
Da conxunción entre os elementos dos pobosautóctonos e dos chegados de Centroeuropa, xurdiu a cultura castrexa. Os trazos fundamentais desta cultura son os asentamentos en castros e a introdución da metalurxia do ferro.
Os celtismos chegados á nosa lingua son escasos. Algúns exemplos son: cabana, berce, bidueiro, croio, rodaballo, o sufixo –ego (chairego) empregado en xentilicios, e os sufixos –obre, -ebre, -obe empregados en topónimos(Barallobre, Cecebre).



A romanización
A incorporación de Galicia ao Imperio Romano fíxose dun xeito lento. No ano 137 a.C., Décimo Xuño Bruto derrotou aos galaicos, unha tribo do sur da área castrexa, da que se tomou o nome de Gallaecia. No ano 19 a.C., en tempos do emperador Octavio Augusto, a anexión completouse tras as chamadas guerras cántabras.
A lingua latina, que inicialmente só sefalaba na comarca do centro da Península Itálica que rodea a cidade de Roma, é tamén de orixe indoeuropea. A súa expansión, con Roma convertida en potencia militar e política, foi imparable. Non obstante, a adopción desta lingua fíxose devagar nos territorios conquistados, a través dun proceso que os latinistas describen en tres fases (latinización):
-Colingüismo: acéptase o latín como lingua dosconquistadores e no ámbito político e administrativo. Con todo, as dúas culturas, a indíxena e a romana, aínda se manteñen fronte a fronte.
-Bilingüismo diglósico: a asimilación do latín é crecente; e tamén doutros aspectos da cultura dos conquistadores. Este fenómeno agudízase xeración tras xeración
-Substitución lingüística: supón a culminación do proceso substitutorio. Os propiosindíxenas abandonaron a súa lingua.
O latín chegado ao noroeste peninsular era o latín coloquial e oral (latín vulgar) que empregaban os colonizadores romanos. Este latín posuía diferenzas dialectais respecto do que se estendeu por outras zonas do Imperio. Isto, engadido aos trazos das linguas aquí preexistentes, contribuíu a desenvolver unha variedade particular de latín sobre a que se asentaríao galego.
Outro factor que diferenza ao latín falado na Gallaecia é o derivado da súa lenta e tardía conquista e do seu maior afastamento de Roma.
Estes feitos fan que o galego presente trazos conservadores. Algúns exemplos son: o mantemento da oposición entre abertas e pechadas nas vogais “e” e “o” tónicas (póla (aberta) e pola (pechada), a conservación dun sistema verbal sen tempos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • culos
  • culos
  • Cul
  • culo
  • culo
  • Culo
  • culo
  • Culo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS