Curriculum País Vasco

Páginas: 8 (1807 palabras) Publicado: 29 de octubre de 2012
EVOLUCIÓN Do CURRICULUM DOPAÍS VASCO

Un curriculum é o conxunto de obxectivos, contidos, criterios metodolóxicos e de avaliación que se van empregar nun determinado territorio, é dicir, permítenos saber as cousas que habemos de facer para posibilitar a formación dos educandos.

* DECRETO 138/1983, 11 DE XULLO:
O 11 de Xullo de 1983 nace o Decreto 138/1983 no que se regula o uso daslinguas oficiais na ensinanza non universitaria no País Vasco.
O Estatuto de Autonomía para o País Vasco establece que o Euskara, lingua propia do Pobo Vasco, terá como o Castelán, carácter de lingua oficial na Comunidade Autónoma do País Vasco, e que todos os habitantes teñen o dereito de coñecer e usar ambas dúas linguas. O Goberno poñerá os medios para asegurar o uso ambiental do Euskara nosCentros de Ensinanza, facendo do mesmo vehículo de expresión normal, ao igual que o Castelán, tanto nas actividades internas como externas e nas actuacións e documentos administrativos.
Facendo un breve resumo dos artigos deste Decreto, o que se estableceu foi o uso das linguas oficiais na ensinanza de Preescolar, E.GB., B.U.P, F.P., e C.O.U. nas que a ensinanza do Euskara e do Castelán serán materiasobrigatorias. O uso das linguas oficiais na ensinanza non universitaria farase tomando como referencia os modelos de ensinanza bilingüe A, B e D e a ensinanza do Euskara axustarase, a efectos da avaliación e incorporación de resultados ao expediente do alumno, aos mesmo criterios e normas para o resto das areas ou materiais obrigatorias.
Neste Decreto o Departamento de Educación e Culturaadoptara as medidas necesarias para que a introdución do Euskara na educación non supoña un incremento dos gastos educativos para os nenos e establecera programas e números de horas destinadas a impartir clases segundo os distintos modelos de ensinanza bilingüe.
Con este novo Decreto para ser docente o Goberno ten exixencias segundo o modelo que se leve a cabo no centro, no modelo A no fai falla tercoñecementos do Euskara xa que a propia materia será impartida por un mestre vascofalante, no caso dos outros modelos o docente ten que estar en posesión do Euskararen Gaitasun Agiria á que se refire a Orden 1.693/1982, do 20 de Setembro, do Departamento de Educación, ou de certificados ou diplomas equivalentes ou convalidados de conformidade con dita Orden ou ben haber conseguido algún recoñecementode validez de conformalidade coa mesma.

* DECRETO 175/2007, EVOLUCIÓN DEL CURRICULUM VASCO
No novo decreto 175/2007 do 16 de Outubro de Educación Básica que se implanta na Comunidade Autónoma do País Vasco, se pode apreciar algúns cambios en comparación co anterior decreto, un dos cambios máis importante é presentar un único decreto para a toda a Educación Básica que está formada polaEducación Primaria e secundaria obrigatoria. Considerouse e aprobouse a escolaridade obrigatoria dende os 6 aos 16 anos para intentar conseguir unhas bases sólidas para que os alumnos se preparen para poder responder de forma competente antes os problemas da vida adulta. As competencias educativas xerais son os grandes eixos referencias que serven para orientar de forma integral todo o proceso daEducación Básica. Optouse por elaborar un único Decreto de Educación Básica que recolla as dúas etapas que a forman, entendendo que a continuidade do proceso formativo queda así mellor recollida, a vez que mantén as especificidades lóxicas de cada etapa e nos aspectos que así o requiran.
A segunda aportación novedosa respecto os Decretos anteriores é o carácter competencial do currículo presentadoque recolle os denominados catro pilares da educación: Aprende a coñecer, aprende a facer, aprende a vivir xuntos e aprende a ser.
Isto é o sistema educativo vasco que vai cara unha transformación xeralizada, dirixida a adquisición de competencias básicas e habilidades clave por parte do noso alumno, a o cal servizo deben entenderse os contidos curriculares establecidos neste Decreto para as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pais vasco
  • Pais vasco
  • Paises Vascos
  • pais vasco
  • Pais Vasco
  • Breve historia del País Vasco
  • Diseño De Teatro (País Vasco)
  • Ley del suelo pais vasco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS